Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 11:51
O indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia mostra en setembro un incremento interanual do 2,6% que supón "unha caída clara" respecto dos meses anteriores (4,8% en agosto).
Así as cousas, Foro Económico de Galicia afirma que o verán foi un período "globalmente positivo" en termos de reactivación, pero advirte de "a ameaza que supón" a crise dos microchips e o encarecemento das materias primas, "que comeza a facerse notar con intensidade a partir de setembro". De aí a "lixeira contracción" do crecemento da actividade económica.
Con todo, o indicador recolle un "espectacular comportamento" das variables referentes ao sector turístico con crecementos superiores ao 100%. Outra variable cun aumento destacable por parte do Foro é o transporte marítimo de mercadorías, que alcanza o 16% de subida en termos interanuais.
En sentido contrario, as variables con peor comportamento en xullo foron as relativas ao comercio exterior (exportacións e importacións), así como o índice de produción industrial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.