Á procura das aves mariñas de Galicia

Medio Ambiente destinará 80.000€ a elaborar un censo para sete especies de aves mariñas galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2021 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitou un contrato por 80.000 euros para a elaboración dun censo poboacional de sete especies de aves mariñas de Galicia. Segundo informa, o obxectivo é actualizar a información relativa ás poboacións reprodutoras do corvo mariño mariño crestado, a gaivota tridáctila, a gaivota patiamarela, a gaivota sombría, o gavión, o arao común e a pardela cincenta.

Durante un período de dez meses analizarase a costa galega para observar exemplares destas especies, así como áreas concretas da 'Rede Natura 2000', como a ría de Ortigueira e Ladrido, o complexo intermareal Umia-O Grove, a ría de Foz ou o complexo húmido de Corrubedo, entre outras zonas. As empresas interesadas terán ata o 17 de decembro para presentar a súa solicitude de forma telemática.

Píllara das dunas voando
Píllara das dunas voando | Fonte: Axena

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta