Influíu a covid na "privatización" da educación pública galega?

Xosé Ramón Branco Buxán publica un ensaio con Laiovento no que estuda a influencia do paradigma neoliberal no sistema educativo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Influíu a covid na "privatización" da educación pública? Esa viría sendo a cuestión central do ensaio Acoso e demolición do sistema público de ensino, que o doutor e Filosofía e Ciencias da Educación Xosé Ramón Branco Buxán vén de publicar coa editorial Laiovento. A obra analiza a influencia da "cultura neoliberal hexemónica en Occidente" sobre a educación pública e como esta incide na súa estrutura.

Un grupo de estudantes durante a convocatoria extraordinaria da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (EBAU), a 6 de xullo de 2021, en Madrid, (España). Un total de 6.213 alumnos preséntanse a partir deste martes a convócaa. Cézaro De Luca - Europa Press
Un grupo de estudantes durante a convocatoria extraordinaria da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (EBAU), a 6 de xullo de 2021, en Madrid, (España). Un total de 6.213 alumnos preséntanse a partir deste martes a convócaa. Cézaro De Luca - Europa Press

Para o autor, a presenza da Covid-19 acelerou os procesos privatizadores desencadeados polo plan Boloña porque implicou a implantación intensiva das TICs. Como apunta Branco Buxán, estas novas tecnoloxías, malia ser vistas dende un "mito da neutralidade", encerran en realidade desafíos “como por exemplo a dixitalización do coñecemento, do ensino e da aprendizaxe”, citando a Boaventura de Sousa Santos.

 

Neste aspecto, o autor do ensaio fai fincapé na necesidade de ter en conta que os efectos das políticas neoliberais están xa presentas dentro das dinámicas da educación pública. O alcance destes dependerá da "racionalización e da interiorización dunha submisión, previamente aprendida na sociedade e nas propias estruturas escolares, cara a un poder que interpela a natureza dos individuos para xustificar a súa implantación"

 

O ensaio, que sae á venda por 19'95€ en papel e 9'00€ en versión dixital, conta con 276 páxinas nas que se dá conta tamén dos denunciados procesos de privatización que afectan ao sistema educativo, e que para Branco Buxán "representan un perigo e un desafío para o cumprimento dos obxectivos ideais de ben público, de balde e de acceso universal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta