Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2021 | Actualizada ás 12:00
O gasto en actividades innovadoras en Galicia en 2020 baixou un 5% en relación ao ano anterior e situouse así en 722,05 millóns de euros, un 4,2% do total, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).
As comunidades con maior gasto en actividades innovadoras en 2020 foron Comunidade de Madrid (30,8% do total nacional), Cataluña (26,4%) e País Vasco (8,7%).
Doutra banda, as comunidades que rexistraron unha contribución máis negativa ao descenso do gasto nacional en actividades innovadoras foron Cataluña (-3,7 puntos), Comunidade de Madrid (-1,8 puntos) e Comunitat Valenciana (-1,3 puntos). A achega galega quedou no -0,2%.
Mentres, as comunidades autónomas con maior porcentaxe de empresas innovadoras no período 2018-2020 foron País Vasco (un 28,0% das súas empresas foron innovadoras), Comunidade de Madrid (25,7%) e Cataluña (25,1%). En Galicia, esta porcentaxe alcanzou o 20,3%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.