UU.AA. pide a dimisión de Alberto Garzón polo seu "desprezo" ao rural

O ministro de Consumo cargou contra o modelo de 'macrogranxas' no xornal The Guardian. O PP subscribe as reivindicacións dos gandeiros e censura as "trapalladas" do ministro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2022 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A organización Unións Agrarias (UUAA) reclamou a saída do goberno do ministro de Consumo, Alberto Garzón, polas súas declaracións sobre a produción de carne en España nunha entrevista no medio inglés The Guardian na que criticou a sustentabilidade e a calidade do produto das granxas de gran tamaño.

Este martes, Unións Agrarias esixiu que o ministro rectifique o devandito durante a entrevista "pola actitude de desprezo ao sector agrogandeiro e ao medio rural". Ademais, cualificaron as declaracións de "falacia coa que alcanzar visibilidade" atacando a un sector que, segundo a organización, "é o máis comprometido" co benestar animal e o medio ambiente.

Na entrevista, Alberto Garzón criticou a sustentabilidade das 'macrogranxas', das que declarou que "atopan un pobo un pouco despoblado de España e pon 4.000, ou 5.000, ou 10.000 cabezas de gando. Contaminan o chan, contaminan a auga e exportan esta carne de mala calidade destes animais maltratados".

Esta alusión á "carne de mala calidade" e a recomendación do ministro de reducir o consumo de carne provocou unha reacción política e no sector cárnico como xa o fixese no seu día cun vídeo publicado en Twitter no que facía declaracións similares. No seu comunicado, Unións Agrarias asegurou que a industria cárnica "supón o último soporte económico e social para comarcas enteiras" e enumerou as funcións sociais que achega o sector á comunidade como o mantemento das pradarías como devasas ou o control da fauna salvaxe.

O ministro Alberto Garzón
O ministro Alberto Garzón | Fonte: E. Parra. POOL - Europa Press.

O PP ÚNESE Á PETICIÓN

O vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, cargou este martes, en Lugo, contra o ministro de Consumo, Alberto Garzón, e recalcou que, tras a última polémica provocada polas súas palabras sobre a calidade da carne que exporta España, "ten marchar para a casa".

"É inaudito que un ministro, que non ten competencias e tampouco ten coñecemento sobre a materia, se dedique a denigrar a todo o sector gandeiro do noso país", censurou o dirixente popular. Ao tempo, lembrou que "o sector do gando de vacún xera en España, entre directos e indirectos, preto dun millón de empregos e que supoñen exportacións por mil millóns de euros que Garzón está a prexudicar e denigrando".

"Isto faino co consentimento do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que debería de cesalo de inmediato. Non pode ser que teñamos un ministro cuxo Ministerio nos custa 60 millóns de euros no ano 2022 e que se dedique a 'trapalladas' do tipo do sexismo nos xoguetes ou a nata nos roscóns, e que non fai outra cousa que dedicarse a soltar ocorrencias que como neste caso prexudican sectores craves da economía do noso país", censurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Fernando Sancho.

Alberto Garzón apoya a la ganadería Extensiva. Yo No apoyo a las Macrogranjas de Ningún tipo, donde se Tortura a los Animales y Se Contaminan Pueblos, Grandes Extensiones y Acuíferos!!! Soy Ingeniero y tiene toda la Razón. El que No quiere enterarse es Pablo Casado, que al pobre le regalaron hasta la EGB!!!

1 Pedro Duke

Pues yo soy astronauta y te digo que Alberto Garzón no se entera de nada. Es el típico niñato progre, comunista de dacha y coche oficial, que quiere organizarnos la vida para su beneficio.