Médicos xubilados para reforzar a Atención Primaria: "esta non é a solución"

UGT defende mellorar as condicións contractuais en Galicia para evitar a fuga de novos sanitarios a outras CC.AA.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2022 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O secretario da Federación de Servizos Públicos da UGT-Lugo, Eliseo Rivas, estimou este venres que son "sobre 14 os médicos xubilados" que volverán traballar en Atención Primaria na provincia de Lugo, dentro das medidas aplicadas pola Xunta para reforzar o devandito servizo en toda Galicia no contexto de explosión de casos pola pandemia da Covid-19.

Dous traballadores sanitarios protexidos acoden a unha residencia de anciáns
Dous traballadores sanitarios protexidos acoden a unha residencia de anciáns | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Rivas queixouse de que "moitos destes profesionais, destes médicos xubilados, solicitaron no seu momento unha prorroga para seguir traballando e non se lles concedeu". A Consellería de Sanidade optou por reforzar a primaria con estes facultativos para o seguimento de casos Covid e tramitación de baixas, segundo explicou.

"Iso parécenos positivo para reforzar o servizo, pero esta non é a solución, unha saída que pasa, indubidablemente, por dotar máis persoal sanitario e non sanitario á Atención Primaria", manifestou o sindicalista. Rivas defendeu que é preciso "evitar que o persoal facultativo e de enfermaría marche a outras comunidades autónomas por contar neses lugares con mellores condicións económicas e laborais".

A "emerxencia" que vive a Atención Primaria achácaa á "nefasta política da Xunta na sanidade pública e, sobre todo, na Atención Primaria que cada vez vai a peor", augurou. "Levamos 15 anos que a primaria está en caída libre, máis de dez anos con falta de persoal e máis dunha década con falta de cobertura de vacantes", afirmou.

Por parte de UGT tamén se trasladou os "enormes problemas" con que se atopan os centros de saúde na provincia de Lugo para dar unha "asistencia sanitaria" de calidade, unha cuestión que, asegura, súplese "coa gran profesionalidade de todo o persoal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta