Por E.P. | A CORUÑA | 14/01/2022 | Actualizada ás 14:17
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución da orde de axudas con cargo ao recuadro social do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) do ano 2021, que distribúe 19,4 millóns de euros para que entidades sociais de toda Galicia poñan en marcha case 600 programas de atención ás persoas que máis o necesitan.
Unha das beneficiarias destas axudas, Accem, na Coruña, recibiu a visita da conselleira de Política Social, Fabiola García, quen asegurou que a contía se duplicou no últimos catro anos ata alcanzar os 19,4 millóns da orde do 2021. Accem, ONG que traballa para mellorar a calidade de vida de persoas refuxiadas e migrantes, recibirá 300.000 euros, un 6% máis que o ano pasado.
Fabiola García apuntou que o 0,7% do IRPF supón unha ferramenta fundamental para que as entidades sociais poidan actuar naqueles casos de inxustiza social en distintos ámbitos como a protección de menores, o acompañamento de persoas maiores, o desenvolvemento das persoas con discapacidade ou a posta en marcha de programas de voluntariado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.