Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2022 | Actualizada ás 19:58
Tres persoas resultaron afectadas, dúas delas evacuadas a un centro hospitalario, por inhalación de fume polo incendio na cociña dunha vivenda da Coruña.
Sobre as 14,30 deste martes, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular para informar de que estaba a arder unha cociña na rúa Orillamar, á altura do número 35.
Segundo aclaraba a persoa, os habitantes xa abandonaran o interior da casa. O 112 mobilizou aos Bombeiros da Coruña e aos servizos sanitarios de urxencia, posto que se descoñecía se alguén podería precisar asistencia médica. Así mesmo, déronlle aviso os axentes da Policía Local e Protección Civil.
Xa finalizadas as tarefas de extinción, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que, aínda que o lume afectou a todos os mobles da parte superior da cociña, non foi preciso desaloxar o edificio.
Pola súa banda, o persoal sanitario indicou que dúas persoas foron trasladadas por inhalación de fume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.