Galicia recibe un terzo das axudas do Goberno para a dixitalización do sector pesqueiro

Por E.P. | A CORUÑA | 24/01/2022 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Galicia recibirá un terzo do total das axudas á dixitalización do sector pesqueiro concedidas polo Executivo central a nivel estatal, segundo informa a Delegación do Goberno.

Nun comunicado, dá conta da resolución das axudas á dixitalización do sector pesqueiro con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que benefician a Galicia con 979.045 euros en 21 subvencións. "Armadores e asociacións produtoras galegas adxudícanse un terzo do total das axudas que se resolveron nesta convocatoria a nivel nacional", informa.

A dixitalización do sector pesqueiro extractivo, acuícola, comercializador e transformador é unha das medidas estratéxicas de actuación incluídas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que está dedicado á transformación ambiental e dixital do sistema agroalimentario e pesqueiro.

En concreto, é xestionado polo Ministerio de Agricultura, que convocou as axudas correspondentes ao mesmo o pasado mes de outubro, cun orzamento de 3,8 millóns de euros en dúas liñas.

A primeira estaba dirixida á adquisición e instalación, por primeira vez, de Sistemas de Seguimento Electrónico Remoto (REM) para o control de desembarque. En total, o Ministerio concedeu 17 axudas en Galicia para barcos de máis de 24 metros de eslora con base na Guarda, Burela, Ribeira, Vigo e San Cibrao.

A segunda liña estaba dirixida a subvencionar proxectos de mellora de comunicacións, dixitalización do sector extractivo, acuícola, comercializador, transformador.

Barcos da frota artesanal galega concéntranse en Vigo
Barcos da frota artesanal galega concéntranse en Vigo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta