Falecen 8 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus

Todos os falecidos presentaban patoloxías previas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/01/2022 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou este xoves de oito falecementos por COVID.

Unha sanitaria recarga unha dose da vacina contra o Covid-19
Unha sanitaria recarga unha dose da vacina contra o Covid-19

Os falecidos son unha muller de 91 anos e un home de 90 anos no CHUS de Santiago . Un home de 77 anos, no Hospital do Salnés (procedente de Domus Vi Ribadumia). En Ourense falece un home de 97 anos, no CHUO (procedente Domus Vi Barbadás).

Na área de Vigo, morre unha muller de 85 anos, no Vithas Fátima de Vigo. Home de 91 anos, no CHUVI (procedente da Residencia Virxe da Guadalupe de Mos).

Na área de Lugo, faleceron un home de 92 anos, no Hospital de Monforte (procedente Residencia del Morín de Monforte) e unha muller de 52 anos, no Hospital de Burela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta