Por E.P. | Santiago de Compostela | 31/01/2022 | Actualizada ás 18:42
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, felicitou a Antonio Costa pola súa "histórica vitoria" nas eleccións celebradas este domingo en Portugal e nas que o Partido Socialista conseguiu a maioría absoluta.
González Formoso, quen participou hai uns días nun dos actos de campaña de Antonio Costa en Braga, cualificou os resultados de "gran noticia para o país veciño, para os socialistas portugueses e para o conxunto da cidadanía lusa".
"Estamos ante un éxito contundente que, máis aló do territorio protugués, referenda e fortalece esa onda de socialdemocracia e de socialismo que vai avanzando nos principais países europeos, e que ten como sinais de identidade fundamentais a procura da igualdade de oportunidades e que a sociedade progrese sen deixar a ninguén atrás", aseverou.
"Hoxe, despois de moitos anos, gobernamos en Alemaña, Portugal, Finlandia ou España coa defensa deses valores como prioridade. E esa é a mesma aposta clara que temos os socialistas para Galicia e o conxunto de España", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.