Por Europa Press / Redacción | Compostela | 02/02/2022 | Actualizada ás 13:49
O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, asegurou que a entidade está "aberta e moi atenta" a "todas as oportunidades que saian no mercado", aínda que restrinxe esas posibles compras á península ibérica.
Durante a presentación de resultados de Abanca en 2021 --ano no que duplica beneficios e gaña 323 millóns--, Escotet sinalou "necesario seguir revisando todas as oportunidades que saian no mercado". "Non deixamos de ver absolutamente nada por liña de actuación da casa", afirma.
Así, lembrou que Abanca segue unha estratexia de crecemento "inorgánico e orgánico", coa que "nos últimos anos se puideron alcanzar logros importantes", pois "xa son seis integracións as que se puideron levar adiante".
Cuestionado acerca de Ibercaja no caso de que non salga a bolsa e busque fusións, Escotet respondeu: "Non me gusta especular sobre posibles escenarios, moitos menos cando non están do todo definidos". "Revisaremos calquera oportunidade que puidese resultar complementaria, e ese caso hipotético, claramente, podería ser moi complementaria, pero non teño nada que dicir", dixo.
"Eles manifestaron o seu interese de saír a bolsa", proseguiu sobre Ibercaja, "e seguramente así ocorrerá". No tocante ao banco portugués EuroBic, Escotet insistiu en que: "Todas as oportunidades que están sobre a mesa sempre as revisamos". "Ata onde eu teño entendido, ábrese un proceso competitivo e hai varios participantes, que eu saiba non somos os únicos, pero non temos noticias novas que comentar sobre ese proceso neste momento", apunta.
RC DEPORTIVO
O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, descartou que o Deportivo acepte a oferta de adherirse, en caso de ascenso a Segunda, ao fondo CVC que promove o presidente de LaLiga, Javier Tebas. "Non hai ningunha pretensión de utilizar esa oferta que fixo a liga", asegura.
A preguntas da prensa sobre os 30 millóns que Tebas dixo que recibirá o Deportivo con base no acordo do fondo CVC, se se produce o ascenso ao fútbol profesional, o presidente de Abanca --máximo accionista do Dépor-- rexeitou esa opción, aínda que indicou que "igual é máis adecuado preguntarllo aos xestores do Deportivo".
Lembra que o Dépor "ten unha xerencia profesional" que se "dedicada a lograr que o equipo volva ao fútbol profesional e logre, non soamente o ascenso a Segunda, senón que oxalá nun tempo razoable o ascenso a Primeira". Neste sentido, sinala que Abanca seguiu co Dépor unha "liña estratéxica de máximo rigor orzamentario e profesionalización da empresa para tratar de subir ao fútbol profesional no menor tempo posible".
EUSKALTEL
Preguntado sobre a venda da participación de Abanca en Euskaltel --propietaria da galega R-- pola opa lanzada por MásMóvil, Escotet lembrou que "o efecto na utilidade maior recolleuse xa fai uns cuantos exercicios que se vendeu a maior porcentaxe". Así, explica que, "nesta última parte da transacción", Abanca contaba con "escasamente o 5%", o que xera unha plusvalía que cifra nuns 20 millóns de euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.