Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2022 | Actualizada ás 18:35
A dirección de Leite Celta, cuxos empregados da planta de Pontedeume están en folga parcial indefinida o pasado luns, pediu a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais --dependente da Consellería de Emprego-- para tratar de buscar unha solución ás diferenzas que manteñen a patronal e os representantes dos traballadores na negociación do convenio colectivo, conversacións que están paralizadas desde decembro de 2021. Así o trasladaron a Europa Press fontes sindicais, que estiman que desta maneira serán chamados a un encontro nos próximos días.
Por outra banda, os traballadores continúan cos paros de tres horas por cada quenda e en cada xornada, o que supón ata nove horas sen actividade por día na planta de transformación de produtos lácteos.
Durante este mércores, 2 de febreiro, os operarios partiron sobre as 11,30 horas desde a fabrica, situada en Andrade, e percorreron a pé o aproximadamente tres quilómetros que os separa do núcleo urbano de Pontedeume, nunha marcha que transcorreu sen incidentes pola estrada N-651 e que finalizou cunha concentración nunha praza situada nas proximidades do Concello.
A presidenta do comité de empresa, María Xosé Vizoso (CIG), agradeceu aos traballadores a unión de todos eles e destacou a importancia de continuar secundando os paros para forzar á dirección a sentar cos representantes sindicais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.