Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2022 | Actualizada ás 18:17
A conselleira de Política Social e vicesecretaria de Servizos Públicos do PPdeG, Fabiola García, pediu este sábado ao secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, que "actúe e condene" de forma "seria, dura e drástica" o 'enchufe' da cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, por parte dun alto funcionario do Concello de Vigo condenado a máis de cinco anos de cárcere.
En declaracións aos medios tras presidir a constitución da Comisión de Benestar Social do PPdeG, García afirmou que este é "o peor caso de corrupción de Galicia nos últimos tempos".
Ademais, a dirixente popular denunciou que o funcionario condenado solicitase o indulto ao Ministerio de Xustiza alegando, entre outras cuestións, a súa condición de militante do PSOE e de UGT.
"Soa ao guión dunha película de comedia", asegurou Fabiola García, para posteriormente solicitar a Formoso que "non continúe cunha venda nos ollos, nin continúe calado", senón que "actúe e condene" estes feitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.