Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2022 | Actualizada ás 11:24
Un estudo impulsado por Unicef revela que un de cada catro adolescentes galegos fai un uso "problemático" de internet e as redes sociais. A análise completa será presentada nun acto este martes.
"Cando e canto acceden os nenos, nenas e adolescentes a internet e redes sociais?, coñecen os riscos da rede?, sofren ciberacoso ou sextorsión?", son algunhas das dúbidas ás que responde o informe 'Impacto da tecnoloxía na adolescencia en Galicia'.
Este estudo, froito da consulta realizada a máis de 3.000 estudantes de ESO en Galicia, revela datos como que un de cada catro adolescentes fai "un uso problemático" de internet e as redes ou que "un de cada cinco podería ter certo 'enganche' aos videoxogos".
Ademais, ofrece recomendacións a familias, goberno, industria e institucións para promover a protección dos dereitos da infancia e a adolescencia na contorna dixital.
O estudo será presentado polo profesor titular da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela Antonio Rial Boubeta; o presidente do Consello de Colexios oficiais de Enxeñaría en Informática, Fernando Suárez; e a coordinadora de Unicef Comité Galicia, Irene Marín. O acto terá lugar ás 16 horas no salón de actos da Facultade de Psicoloxía da USC. Tamén poderá seguirse a través de youtube.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.