Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2022 | Actualizada ás 13:15
Oito comunidades e a cidade autónoma de Ceuta son, dentro de España, os territorios de procedencia que deben ser notificados ás autoridades sanitarias galegas por parte dos viaxeiros que se despracen á Comunidade, segundo a última actualización que publica este martes o Diario Oficial de Galicia (DOG).
Así, os viaxeiros deberán comunicar os datos de contacto e da súa estancia na Comunidade, nun prazo de 24 horas desde a súa chegada, se estiveron dentro do período dos 14 días naturais previos nas comunidades de Aragón, Asturias, Cantabria, Cataluña, Comunidade Valenciana, Murcia, Navarra e País Vasco, así como Ceuta.
Tamén teñen a obrigación de dar o paso os viaxeiros que procedan de calquera dos países do continente africano. Dentro de Europa deberano facer quen cheguen a Galicia desde 27 territorios: Kósovo, Dinamarca, Andorra, Austria, Bélxica, Croacia, Chipre, Estonia, Illas Feroe, Francia, Xibraltar, Islandia, Irlanda, Italia, Xersei, Luxemburgo, Liechtenstein, Mónaco, Montenegro, Holanda, Noruega, Portugal, San Mariño, Serbia, Eslovenia, Suecia e Suíza.
E terán igualmente que rexistrarse quen viaxen desde máis dunha vintena de territorios de América: Ecuador, Guatemala, Honduras, El Salvador, Paraguai, Venezuela, Haití, Nicaragua, Xamaica, Arxentina, Aruba, Bermudas, Illas Virxes Británicas, Illas Caimán, Curaçao, Groenlandia, Granada, Panamá, Purto Rico, San Martín, Bonaire, San Eustaquio e Saba, Illas Turcas e Caicos, Estados Unidos e Uruguai.
Así mesmo, a Xunta constata a obrigatoriedade de dar o paso en 21 territorios de Asia: Bangladesh, India, Irán, Iraq, Líbano, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Iemen, Israel e Maldivas. Así como nos territorios de Oceanía de Australia e Guam.
VIXENTE DURANTE 15 DÍAS
Os viaxeiros que estivesen nalgún dos lugares da listaxe nos 14 días anteriores deben comunicar, nun prazo máximo de 24 horas, os seus datos de contacto e estancia en Galicia a través da web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou do teléfono 881 00 20 21. A Xunta lembra que esta resolución, que entrará en vigor este mércores, 9 de febreiro, será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.