Unha árbore polaca dificulta que o Carballo de Conxo se erixa en 'Árbore Europea' na recta final da votación

O Concello de Santiago pide votar masivamente ao historico carballo para "favorecer o crecemento dunha nova xeración en harmonía cos valores ambientais".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/02/2022 | Actualizada ás 08:40

Comparte esta noticia

O Carballo de Conxo busca ser Árbore Europea 2022 e, aínda que non o ten nada fácil, aínda pode pasar. O histórico carballo é xa Árbore de España pero unha árbore polaca que se mantén na primeira posición impídelle polo de agora erixirse en 'Tree of the Year'. Con todo, a votación está axustada-- o prazo de votación remata este 28 de febreiro-- e o Carballo de Conxo pode xa presumir de segunda posición, seguida moi de preto por unha árbore rusa que, por certo, xa non existe porque foi derribada por unha tormenta. Malia que a votación remata o 18 de febreiro, a partir do día 22 non se poderán ver os resultados,

Carballo de Conxo, entre os candidatos para representar a España no certame Árbore Europea do Ano 2022.. WEB DA ÁRBORE DO ANO EN ESPAÑA 2022
Carballo de Conxo, entre os candidatos para representar a España no certame Árbore Europea do Ano 2022.. WEB DA ÁRBORE DO ANO EN ESPAÑA 2022

"Reivindicar e manter o noso patrimonio natural é un obxectivo que mellorará a vida da cidadanía, potenciará o atractivo turístico da cidade e favorecerá o crecemento dunha nova xeración en harmonía cos valores ambientais", apuntan dende o Concello de Santiago.

Como compromiso coa sustentabilidade, dende o Concello comprometéronse a plantar unha nova árbore autóctona por cada voto que reciba o carballo. Cunha plantación de 100.000 árbores de aquí a 2030, máis de 19.000 só no 2022, no caso de que se chegue ao mesmonúmero de votos.

MÁIS DE 250 ANOS DE HISTORIA

Este histórico carballo naceu coa Ilustración. Foi testemuña en 1856 do Banquete Democrático de Conxo, un acto revolucionario que reivindicou os ideais da nova Europa: Liberdade, Igualdade e Fraternidade. Foi tamén defendido por Rosalía de Castro nunha denuncia ecolóxica pioneira en España.

 

E o bosque que o acolle, ao pé do Camiño Portugués de peregrinación, é hoxe todo un "cofre botánico", aberto ao público en 2018, cunha gran festa popular, tras permanecer inaccesible durante máis dun século.

A CARREIRA DO CARBALLO

Practicamente unha veintena de centros educativos xa aceptarón o reto colectivo de votar

conxuntamente todos os integrantes polo Carballo do Banquete de Conxo no concurso europeo. Se o centro logra o reto, o Concello plantará un novo bosque, que levará o

nome do colexio. O tamaño do bosque dependerá do número de votos que sumen e haberá dous tipos: de máis de 500 árbores e de máis 1000 árbores.

 

Ademais, hai unha semana que o rexedor da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, pedía prestada 'Terra' ás Tanxugueiras para promocionar a candidatura do carballo, aproveitando o auxe de popularidade das pandeireteiras galegas. A resposta a petición polo de agora non se coñece, pero si trascendeu o apoio do actor Luís Zahera á histórica árbore.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta