Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 23/02/2022
A cuestión foi a seguinte, Bruxelas da que somos un protectorado, impón a súa regulación do mercado laboral ao Reino de España en beneficio do capital exterior e do palco do Bernabéu. A patronal e os sindicatos asinan os papeis remitidos desde Bruxelas e Berlín á ministra de traballo do PCE-PODEMOS. O goberno PSOE-PODEMOS-PCE, elabora o proxecto de lei para ratificar o imposto por Bruxelas no parlamento monicreque. Chegado o día da escenificación, PSOE, PODEMOS, PCE, CIDADÁNS e os deputados necesarios do PP apróbana. Para manter a farsa ante os votantes, montan un circo, un teatrillo, e sanseacabó. As leis laborais elaboradas por Bruxelas e ao servizo do capital internacional, e do Palco do Bernabéu impostas aos traballadores e pequenos empresarios xa son obrigatorias.
Outro Exemplo: O goberno do PSOE, PODEMOS, PCE, cumprindo ordénes da OTAN, brazo armado dos capitalistas de EUA, e as instrucións do Pentágono, envía tropas ao conflito dos EUA polo dominio de Ucraína. Sen preguntar ao pobo, envíanas, e as demais faccións calan. Asunto resolto. Outro exemplo, “Operación Acordeón” realizada aproveitando o tema do Covid. No ano 2020 o goberno impuxo peches forzosos a pequenos negocios que foron á quebra. Con iso elimínase competencia para as grandes superficies comerciais e empresas. E increméntase o exército de traballadores, baixando o prezo do traballo, e aumentado o paro.
A maiores, a Axenda 2030 dirixida polo PCE impón substituír unhas actividades económicas por outras, e en España iso conleva a quebra de moitos negocios e actividades económicas. De aí vén a contrariedade do chuletón de Garzón, xa que a Axenda 2030 quere crear un novo comercio internacional, con novos hábitos de consumo, e os produtores de aquí non van poder competir. E pronto entrara en vigor o tratado de libre comercio con MERCOSUR.
O tema da inmigración en masa é outra mostra da subordinación a Bruxelas e Berlín. Marrocos cando lle dá a gana manda a decenas de miles de persoas a España, un país con 4.000.000 de parados. Con iso aumenta o exército de reserva de traballadores, provocando unha baixada de salarios. O goberno do PSOE, PODEMOS e PCE, acatan a orde e as súas consecuencias, e ademais, nun alarde de cinismo patrocina ese feito. Retrocedemos ao século XIX.