Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2022 | Actualizada ás 10:35
O documental 'O Camiño do Viño. Historia dun arrieiro' estreouse este mércores. Promovido pola Ruta do Viño do Ribeiro e en colaboración co Goberno galego e a Denominación de Orixe Ribeiro, ten como obxectivo impulsar a recuperación da pegada histórica e etnográfica dos arrieiros que transportaban o viño cara a Santiago.
O traballo audiovisual, obra de Xoel Méndez, enmárcase dentro das accións de promoción e posta en valor deste territorio e a súa oferta enoturística que a Ruta do Viño do Ribeiro impulsa.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a "colaboración estreita" da Xunta coas cinco Rutas do Viño de Galicia e remarcou que o enoturismo é "un turismo de alto valor engadido, que permite avanzar na desestacionalización e na loita contra o despoboamento" dos territorios rurais que teñen na viticultura e o enoturismo unha "potente ferramenta de desenvolvemento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.