"Impostor e mercenario": a CGT acusa a Navantia de fraude por fichar un psicólogo sen colexiar

O sindicato asegura que a empresa pública comete "unha fraude" por ser este un requisito para poder exercer no Estado español.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2022 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O secretario da Sección sindical da CGT en Navantia Ferrol, Xaquín García Sinde, denunciou que o psicólogo contratado por esta compañía para seleccionar ao persoal nas probas de acceso "non está colexiado" e acusou á empresa naval pública de cometer "unha fraude", por ser este un requisito "para poder exercer no Estado español".

Estas manifestacións realizounas Sinde nunha rolda de prensa este xoves, 24 de febreiro, ás portas do estaleiro, onde estivo acompañado doutro delegado, Javier Losada. García Sinde detallou que as bases dos procesos de selección de persoal recollen que "a proba psicotécnico será deseñada por un psicólogo experto na materia" e que "segundo a lei, para exercer de psicólogo no Estado español é obrigatorio estar colexiado".

A CGT mostrou un documento no que segundo o Colexio oficial de Psicólogos de España, "o suposto psicólogo elixido por Navantia non está colexiado" e que, por tanto, "a actuación do psicólogo nos procesos de selección de Navantia é unha fraude".

EXPERIENCIA

Xaquín García Sinde detallou que este "psicólogo" chegou a Navantia da man do xefe de RRHH, que "xa utilizaba a este mesmo individuo na súa etapa en Airbus, sendo un mercenario que Navantia usa para darlle unha aparencia profesional ás súas decisións arbitrarias nos procesos de selección de operarios e empregados".

Por parte da CGT tamén denunciaron que no caso das probas de acceso dos técnicos superiores "non se utilizou o psicólogo e decantáronse pola entrevista persoal". Ademais, tamén detallaron que "Navantia tamén levou a este impostor como perito a un dos xuízos das demandas presentadas polos excluídos, así que quizais Navantia tamén incorreu nunha actuación fraudulenta ante a Xustiza".

Segundo detallou, trátase "dunha empresa pública e non pode ser o chiringuito de ninguén, que por lei está a obrigada cumprir nos seus procesos de selección os mesmos principios de igualade, mérito e capacidade que se esixen na administración pública". É por iso que a CGT esixiu "a contratación inmediata do catro persoas excluídas polo psicólogo nas prazas de operarios-empregados júnior 2019", a eliminación da proba de psicotécnico e a realización canto antes do exame teórico-práctico nas prazas de operarios-empregados senior 2019. Este sindicato tamén ten previsto convocar mobilizacións.

Javier Losada e Xaquín García Sinde á porta de Navantia.
Javier Losada e Xaquín García Sinde á porta de Navantia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta