O BNG condena a Rusia pero pide que se respecte a "vontade popular do Dombass"

Rego aposta por unha postura de neutralidade activa, retirando os efectivois militares da zona e renunciando a enviar armamento ofensivo a Ucrania.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/03/2022 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O deputado do BNG, Néstor Rego, defendeu, durante a comparecencia do Presidente do Goberno do Estado, a necesidade de optar polas vías pacíficas e diplomáticas á hora de resolver "o conflicto" entre Rusia e Ucraína. Rego exixiu a retirada de tropas rusas do territorio da Ucraína e que o executivo español manteña unha posición favorábel á desescalada do conflito a través da neutralidade activa, a retirada de efectivos militares e a renuncia a enviar calquera tipo de material bélico.

Comparecencia de Néstor Rego no Congreso dos Deputados
Comparecencia de Néstor Rego no Congreso dos Deputados | Fonte: BNG

“É absolutamente falso o vello aforismo latino Si vis pacem para bellum e sabemos que a solución a este conflito non é fácil mais tamén que só se pode partir dun principio. Se  vis  pacem para pacem. Pola paz, non á guerra” enfatiza Rego. O deputado nacionalista condenou a intervención militar rusa na Ucraína e exixiu parar os combates e retirar as tropas ás súas fronteiras.

Paralelamente, a organización nacionalista defende a soberanía da Ucraína e expresa a súa solidariedade co pobo ucraíno “que nos últimos anos sufriu un golpe de Estado, a violencia política, a persecución da disidencia, o enfrontamento armado e os bombardeos no Donbass e, agora, as dramáticas consecuencias humanas, sociais e económicas da guerra lanzada pola Rusia".

“Hoxe escoitamos forzas políticas rexeitar esta guerra, tamén aquelas que apoiaron e mesmo implicaron o Estado español en guerras -como Iraq, Libia ou Afganistán- que só respondían os intereses económicos e xeoestratéxicos do imperialismo norteamericano” denuncia Rego. "Por contra, o BNG mantén con coherencia a súa posición pacifista, favorábel ás vías diplomáticas e pacíficas á hora de resolver os diferendos entre estados", dixo.

A organización nacionalista criticou desde o primeiro momento a escalada belicista da OTAN, “unha organización militar agresiva ao servizo de intereses que non son os dos pobos de Europa” e que carece de sentido desde unha perspectiva de paz e boa relación entre Estados. “O que debe facer a OTAN non é xerar máis tensión fortalecéndose e  expandíndose cara o leste, senón simplemente disolverse e desaparecer” sinalou Rego.

Reclamamos ao Goberno español unha posición favorábel á desescalada, que comece por retirar os efectivos militares enviados ao leste e que renuncie, desde a neutralidade activa, a botar máis leña ao lume nun conflito que, se continúa escalando, pode ter consecuencias imprevisíbeis” destaca o deputado nacionalista. Rego criticou o anuncio de Sánchez de enviar armamento ofensivo, obviando a prohibición de fornecer material bélico a países en conflito, unha decisión “irresponsábel” e unha “triste ironía” empregar 450M € do chamado “Fondo Europeo para a Paz” para alimentar unha guerra.

Rego concluiu a súa intervención afirmando que “quen quere a paz traballa por ela”. Por iso o BNG insiste en reclamar a negociación no marco da ONU e a  OSCE, a retirada inmediata de todas as forzas rusas de Ucraína e o respecto á súa soberanía, a observación por parte deste País dos seus compromisos internacionais, comezando pola volta ao cumprimento do Protocolo de  Minsk e o respecto á vontade dos pobos do  Donbass, das repúblicas de Donets e Lugansk e crear un clima de estabilidade e seguridade en toda a rexión.

PSDEG PIDE QUE PONTÓN DESACREDITE A REGO

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, esixiu á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que desautorice o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, ao que "parece que lle preocupa máis a OTAN que a invasión de Ucraína por parte de Rusia". "Todos os demócratas deberiamos estar detrás do presidente do Goberno de España e apoiando ao pobo ucraíno", defendeu o secretario de Organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 anonimo

As declaracións de Rego son unha declaración de " posición ideolóxica" do que decide o partido. Non é que sirvan para nada, nen que ninguén lles fago caso. Compriría preguntarlle se pensa que Ucraina ten moita " soberanía" diante de Rusia., ou que se invocando a " soberanía dos pobos" as tropas rusas van marchar. Agora ben, aparte de que a " neutralidad activa" é algo inxenuo e inútil, a guerra é de tolos, e compre parala como sexa.

1 Gamela

Compre parar a guerra pero non sabemos como facelo ! https://twitter.com/NoticiasONU/sta... Logo desta votación na Asamblea da ONU preocupan máis as 35 Abstencións (incluída Alxeria e Guinea Ecuatorial) e incluso comezan a ser un problema os países que nin siquera votaron (Marrocos) ? Semella que Putin fixo os deberes nestes últimos dez anos, mentras nós a UE andaba a mirarse o embigo ! Obxectivo Putin ! ¿Alguén se apunta?

3 Gamela

Estamos moi lonxe de entender o que sucede en Ucraína ! Se botamos a vista atrás ata o ano 2014 a confusión é total. https://www.rtve.es/play/videos/en-... Hoxe o único que temos claro, é que cicais bastaría un magnicidio (a cabeza de Putin) para tratar de evitar unha Guerra Total en Europa (?) Non temos sistemas de información e comandos especializados en facer desaparecer xente indeseable (?) Obxectivo Putin ! Pero esta información debera ser sercreto de Estado (se queremos ter éxito na operación) ! Bromas á parte todo debera ser valorado antes de seguir adiante con esta tolemia ! O que non sei é como facelo posible (?)

2 Gamela

Predicar é moi distinto a dar trigo ! Semella que o noso homiño en Madrid acadou o seu minuto de gloria adoptando un "pacifismo baleiro" (se quere ser pacifista que opte pola non-violencia-activae que lle dea a volta ao Camiño de Santiago e saímos mañá en peregrinación pacífica cara á Praza Roxa en Moscowa) Ogallá as cousas foran tan simples ! https://es.wikipedia.org/wiki/Eurom...

1 anonimo

Eso, seguramente os rusos retiraran as suas tropas despois de escoitar a Néstor Rego. O que di a é a cuadratura do círculo. Simplemente, un diagnóstico infantil da situación, e estar nos biosbardos.