Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2022 | Actualizada ás 19:54
O centro loxístico habilitado pola Deputación de Ourense no Parque de Maquinaria, situado no polígono de San Cibrao das Viñas, comezou a recibir este luns o material humanitario colleitado ata o momento polo Concello de Ourense na cidade, para así coordinar o envío de axuda humanitaria a Ucraína. Con esta iniciativa, preténdese "coordinar e canalizar" a "marea solidaria" de concellos, entidades e cidadáns de toda a provincia.
Así mesmo, reiterou que os concellos, os cidadáns e as organizacións sen ánimo de lucro teñen á súa disposición un correo electrónico (ourenseconucrania@depourense.es) e un número de teléfono (988 317 772) para coordinar e complementar a axuda de toda a provincia.
Ademais, anunciou tamén que nos próximos días a Deputación enviará o primeiro transporte de material con destino á cidade polaca de Ladek-Zdroj, integrada na European Historic Thermal Towns Association (Ehtta).
O alcalde do municipio polaco, Roman Kaczmarczyk, solicitara ao resto de integrantes da asociación o envío "urxente" de axuda humanitaria para atender os refuxiados ucraínos que cruzan a fronteira cara a territorio polaco.
Por outra banda, o Concello de Barbadás tamén informou que enviou un camión con roupa, comida, medicamentos e produtos de hixiene recollidos entre os veciños, a través da Asociación Galega de Axuda a Ucraína.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.