Cando o PP se quixo "forrar" cos impostos que agora Feijóo pide baixar

Entre eles, imposto sobre os carburantes ou subas do IVE no prezo da luz, ademais do céntimo sanitario aplicado en hidrocarburos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/03/2022 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

"O goberno estase forrando cos impostos da luz e dos carburantes". É unha das críticas máis frecuentes que está facendo estos días o aínda presidente da Xunta na súa campaña para liderar o PP. Uns impostos que, curiosamente, foron subidos durante os gobernos de Mariano Rajoy e José María Aznar na Moncloa.

Feijóo participa na claurusa da Feira da Enerxía de Galicia
Feijóo participa na claurusa da Feira da Enerxía de Galicia

Alberto Núñez Feijoo leva días pedindo "reducir os impostos" que gravan a electricidade e o gas, polo  "enorme impacto económico" que supón unha alza de prezos que se agudizou nos últimos días. "Non podemos seguir soportando o peso da factura eléctrica e gastística nin no agro, nin no mar, nin na industria, nin nos fogares", aseverou, antes de concretar que a proposta da Xunta é reducir o IVE de gas e electricidade "mentres dure a escalada masiva de prezos".

Como argumento, esgrimiu que os Orzamentos Xerais do Estado confeccionáronse cunha previsión de ingresos de prezo de barril de petróleo de 60 euros. "Hoxe está a máis do dobre", aseverou, para engadir que a previsión para as próximas semanas é que "siga crecendo".

OS IMPOSTOS DO PP

Con todo, Feijóo esquece ou quere esquecer nas súas críticas que o 60% dos impostos son transferidos ás autonomías, polo que, unha baixada dos impostos tamén repercutiría de xeito directo nas arcas autonómicas. Uns impostos que, por outra banda, van destinados a pagar as pensións e a educación e sanidade pública.

Pero o máis curioso das críticas do aínda presidente galego é que moitos dos impostos que agora pide que se rebaixen foron impostos polo seu propio partido durante as presidencias de Mariano Rajoy e José María Aznar.

Entre estes impostos están sobre o valor da producción da enerxía electrica. - Ley 15/2012 goberno de Mariano Rajoy;  Imposto Especial sobre a Electricidade - Ley 66/1997, - Goberno Jose María Aznar; Imposto ao sol (Derogada en 2018) - Real Decreto 900/2015 - Goberno Mariano Rajoy; Canon Hidráulico - 1400 millóns de euros a devolver ás electricas. - Real Decreto 198/2015 - Goberno Mariano Rajoy;  Subidas do IVE na luz e gas - Ao 18% en 2009 Goberno Zapatero , Ao 21% en 2012 Goberno de Mariano Rajoy e negativa a baixalo ao 10%; Céntimo sanitario en hidrocarburos - Lei 18/2003 - Goberno Jose María Aznar - Aplicado só nalgunhas comunidades entre elas Galicia (goberno Manuel Fraga) aplicando o tope máximo 4,8 cent/L.

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O expresidente do Goberno Mariano Rajoy e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Álvaro Ballesteros - Europa Press

CRÍTICAS DO PSdeG

O líder do PSdeG, Valentín González Formoso censurou que Feijóo "frivolice" co incremento dos prezos e suliñou que estas declaracións son propias "dun populismo de forzas (políticas) extremas" no que, di, os partidos que aspiran a liderar gobernos "non deben caer". "O Goberno non se forra con nada. Gran parte deses impostos acaban nas comunidades para financiar servizos públicos como educación ou sanidade", aseverou Formoso, quen cre que "frivolizar" con estas cuestións é "o que menos necesita o país" nestes momentos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Certamente tódolos gobernos rematan por subir os impostos aínda que cando son aspirantes electorais sempre falan de baixalos. Agardaremos ver a "Solución Sánchez" pois o que está claro é que NUNCA tivemos a electricidade nin os combustibles a estes prezos ! O único que sabemos de momento é un título ambiguo que chaman Pacto de Rendas De momento o diga Feijoo ou o seu porqueiro non hai quen poda asumir estes prezos cunha inflación camiño do 10%