Receitas do PSdeG ante a crise: rebaixa de peaxes, axudas ao sector primario e triplicar o 'bono social eléctrico'

Formoso presenta un decálogo para atallar o impacto da crise de prezos e critica que Feijóo non responda á súa petición para reunirse.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2022 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O PSdeG elaborou un decálogo de medidas para paliar a crise de prezos que afecta a Galicia derivada da guerra en Ucraína no que expón accións como a imposición de rebaixas nas peaxes, bonificacións e axudas para o sector pesqueiro e agraganadero, aplicar reducións fiscais no tramo autonómico do IRPF ou triplicar o orzamento do 'bono social eléctrico' para aumentar o número de beneficiarios.

Arroupado na sede de Santiago por membros da dirección do partido, o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, presentou o documento que recolle o dez propostas do PSdeG para facer fronte á "situación crítica" que se abriu co conflito no leste de Europa.

Formoso lamentou a falta de resposta á petición de manter un encontro que o responsable socialista formulou o pasado martes a través dunha carta enviada ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen acusa de estar "máis preocupado por Madrid que por Galicia".

Así, o responsable socialista censurou a "falta de medidas" por parte do Goberno galego para facer fronte á crise de prezos que afecta, ademais da a cidadanía en xeral, a sectores particulares como o transporte, o pesqueiro ou o agrogandeiro.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa acompañado por membros da dirección do partido
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa acompañado por membros da dirección do partido | Fonte: Europa Press

MEDIDAS

Así as cousas, o PSdeG elaborou un "plan urxente" que inclúe dez medidas que inclúe rebaixar as peaxes en autoestradas de titularidade autonómica e estatal un 75% para profesionais e un 50% para usuarios convencionais; mesmo esquema de descontos que propón para as tarifas das Inspeccións Técnicas de Vehículos (ITV).

Ademais, propón un plan de axudas para autónomos e profesionais para compensar o incremento do prezo dos combustibles, especialmente orientado aos sectores da pesca, a agricultura e a gandaría; e que o Estado "faga posible" unha rebaixa do custo da electricidade desvinculando o gas natural da enerxía eléctrica e reducindo as peaxes das redes de transporte.

A nivel autonómico, os socialistas reclaman á Xunta que rebaixe un 75% as tarifas portuarias e que "aposte" por "proxectos estratéxicos" para "elevar a autosuficiencia enerxética" en Galicia, ademais de habilitar un fondo de avais e liquidez a través do Igape para empresas afectadas polo peche dos mercados de Rusia e Ucraína.

Sobre este asunto, os socialistas ven necesario que se reformule a coñecida como 'Tarxeta Básica' para facilitar que poidan acceder a esta iniciativa --que concede a cobertura de produtos básicos-- aos refuxiados que cheguen a Galicia polo conflito en Ucraína.

FAMILIAS E PARTICULARES

En canto á cidadanía en xeral, Formoso cualificou de "desfasados" os 1,9 millóns que dedica a Xunta a financiar o 'bono social eléctrico' --que bonifica parte da factura da luz de familias con baixos recursos--, polo que pide que, para adaptarse á nova realidade de prezos "tres ou catro veces máis altos, debe "triplicarse" o orzamento desta medida para incrementar o número de beneficiarios.

Por último, o PSdeG reclama unha redución no tramo autonómico do IRPF para os cidadáns con retencións pero que non están obrigados a presentar a declaración.

ACELERAR AS AXUDAS

Por outra banda, González Formoso, considera que o Goberno central debe acelerar a adopción de medidas de corte económico para apoiar aos sectores afectados pola crise de prezos, que afecta especialmente a transportistas ou ao sector primario. "Entendo as dificultades para adoptar medidas, pero a mesma esixencia que teño coa Xunta teño que tela co Goberno", apuntou Formoso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta