En Cea tamén medra a lingua: así goza do galego o alumnado do CPI Virxe da Saleta

O segundo capítulo do proxecto Aquí medra a lingua, do Consello da Cultura Galega, amosa o modelo lingüístico do CPI da Saleta de Cea.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O proxecto Aquí medra a lingua, a serieweb do Consello da Cultura Galega para dar a coñecer iniciativas de dinamización lingüística na escola, engade este luns o segundo dos capítulos. Titúlase Reforzar o propio e céntrase na experiencia do CPI Virxe da Saleta de Cea, centro integrado que xunta alumnado de infantil e da ESO. Escape rooms, bandas

Alumnado de Cea no proxecto 'Aquí medra a lingua
Alumnado de Cea no proxecto 'Aquí medra a lingua | Fonte: ccg

deseñadas, títeres, curtametraxes... son moitas e moi variadas as iniciativas que se fan neste centro que xuntou escola e comunidade e tivo iniciativas tan sonadas coma “A lingua sabe a pan”.

O 2010 foi un ano importante para o CPI Virxe da Saleta de Cea. Un incendio destruíu parte das súas instalacións e a reconstrución foi moito máis alá que o simple edificio. Imprimíronlle un cambio de rumbo no proxecto educativo. Como centro integrado, a rapazada está no colexio dende 4º de Infantil ata 4º da ESO, e toda ela, explica o Consello da Cultura Galega, "motiva o profesorado que chega ao centro a falar en galego". De feito, algúns dos alumnos e exalumnos que participan no vídeo aseguran que "o que me gusta de Cea é que todos os que

vimos aquí temos que falar en galego", recolle o CCG. 

Alejandro Pico, Alejandro Fernández, Santiago Rodríguez Rodríguez, Andrea Garriga Muñoz, Sandra Pérez Vilas, Francisco M. Paradelo, Carolina Blanco, Maite López Losada e David González son os participantes no segundo dos capítulos deste proxecto, dirixido por Cristina de la Torre.

O PROXECTO

Aquí medra a lingua é un proxecto deseñado pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación que coordina Carme Garcia Mateo e que busca amosar que as escolas son un "cómplice indispensable na lingua galega e da súa transmisión". As diferentes iniciativas están contadas polos seus propios protagonistas, que ofrecen un relato fiel dos proxectos que se están a desenvolver en diferentes centros de toda Galicia. 

Esta viaxe audiovisual, dirixida pola valdeorresa Cristina de la Torre, está estruturada en seis capítulos que arrincaron co O modelo Burela, e que se irán subindo semanalente xunto cunha ficha descritiva de cada centro a un especial da web do Consello da Cultura Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta