Nace Vincuticket, o novo sistema de entradas para apoiar á cultura e a hostalaría

A plataforma permite a calquera organizador vender as súas entradas a custo 0. A súa aplicación móbil con lector de códigos QR facilita comprobar a validez das entradas no acceso ao local.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/04/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Nace Vincuticket, un novo sistema de venda de entradas que busca axudar aos sectores máis golpeados pola crise actual: salas e locais pequenos e medianos e todo tipo de artistas e formadores e, ademais, será gratis e a custe 0. A partir deste novo sistema pódense vender entradas para concertos, obras de teatro, formación, congresos, cursos, masterclasses, danza, monólogos, espectáculos para nenos, etc.

Javier e Teresa, socios de Vincusys
Javier e Teresa, socios de Vincusys | Fonte: remitida

A axencia de mercadotecnia santiaguesa, VINCUSYS, realizou un rebranding o ano pasado e, durante a celebración do seu primeiro aniversario, lanzou esta nova ferramenta que axudará a artistas e locais a vender as súas entradas sen perder beneficios.

En palabras de Javier Fernández, director de tecnoloxía de VINCUSYS, "Vincuticket é o noso pequeno gran de area para axudar aos sectores cultural e hostaleiro, que son parte do noso ADN como axencia. Se grazas á nosa aplicación poden recortar gastos e volver ao esplendor que lles caracterizou outrora, a nosa misión estará cumprida".

Vincuticket foi presentado este xoves no Camelea, en Santiago, nun evento presentado por Ángel Vizoso, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O dueto Casares & Piñeiro Duet, formado por Daniel Casares e Miguel Piñeiro, amenizou a celebración cun concerto íntimo de jazz, que José María Picón plasmou nas súas fotos. 

Entre os invitados asistiron profesionais das compañías dos principais sectores cos que traballa a axencia. Entre elas atópanse empresas galegas punteiras da área da tecnoloxía como Xercode Media Software, organizacións de inserción laboral como ARROUPA, entidades relacionadas co ámbito da saúde como Alfa1 ou Fisioterapia Abrente, compañías da industria farmacéutica como Parafarmacia Durán ou despachos como Igleva Avogados de Empresa.

VINCUSYS é unha axencia con sede en Santiago de Compostela que ofrece servizos de mercadotecnia, comunicación e tecnoloxía a toda España. Tras unha traxectoria de máis de 20 anos, en 2021 levou a cabo un rebranding, polo que a nova marca celebra agora o seu primeiro aniversario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta