Nova fase do 'Plan de Eficiencia Enerxética' de Allariz

O concello acomete neste 2022 varios cambios de luminarias en núcleos rurais e tamén no pavilón municipal.

Por X.M. Fernández | Allariz | 15/04/2022 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz segue co seu plan de eficiencia enerxética, despois das fases xa executadas nos exercicios anteriores o Concello acomete neste 2022 varios cambios de luminarias co obxectivo de mellorar a eficiencia de varios núcleos de Allariz.

Cambio de luminarias no pavillón municipal. Foto: Prensa Concello de Allariz.
Cambio de luminarias no pavillón municipal. Foto: Prensa Concello de Allariz.

Nesta ocasión, estas melloras executaranse con fondos propios, un total de 49.000 € de investimento que irán dirixidos aos núcleos de: O Mato, A portela de Airavella, Vilariño, Meire e Gundiás ademais do Pavillón Municipal.

Aproveitando a Semana Santa e o descanso escolar e das ligas, estase procedendo ao cambio das luminarias do pavillón e no prazo de 40 días terán que estar executadas as obras no resto de núcleos.

Dende o Concello destacan que “é importante avanzar nestas tarefas encamiñadas ao cambio de luminarias tradicionais por tecnoloxía led que axudaran a reducir o consumo e mellorar altamente a eficiencia enerxética”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta