Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2022 | Actualizada ás 17:52
Os servizos xurídicos municipais estudan se o goberno local da Coruña recorren o fallo que anulou o nomeamento da exedil de Ciudadanos e concelleira de Deportes, Mónica Martínez.
Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, a rexedora coruñesa, Inés Rey. "Os servizos xurídicos están a estudar ese asunto e cando se tome a decisión comunicarase", expuxo.
En concreto, o Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 da Coruña estimou o recurso da Marea Atlántica fronte á resolución da Alcaldía, do 2 de decembro de 2020, que nomeou á exedil de Ciudadanos como "membro da Xunta de Goberno Local" e como responsable da área de Deportes.
O fallo acordou deixar sen efecto o nomeamento de Mónica Martínez, que deixou Ciudadanos e quedou como edil non adscrita, e cuxa designación como edil de Deportes foi cualificado como un caso de 'transfugismo' desde a Marea Atlántica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.