A candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade recibirá unha declaración de apoio do Eixo Atlántico

O alcalde de Ferrol detallou a importancia que ten para este municipio o acoller entre os días 13 e 15 de maio "dous importantes eventos no campo cultural e turístico como son o VII Mostra Musical do Eixo Atlántico e o V edición da feira turística Expocidades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2022 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, asegurou este martes que "na próxima comisión executiva que realice este organismo, antes da chegada do verán, aprobaranse unha declaración oficial de apoio á candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade", tal e como xa fixeron con outras cidades tanto portuguesas como galegas.

"Gañando Ferrol gañamos todos", afirmou Mao en caso de lograr esta declaración da Unesco. Estas manifestacións realizounas este martes, 26 de abril, en Ferrol, durante a presentación das iniciativas 'Mostra Musical Eixo Atlántico' e 'Expocidades', que se celebrarán nesta cidade a mediados do mes de maio, nun acto no que estivo co alcalde deste municipio, Ángel Mato (PSOE), no Concello.

Ademais, Vázquez Mao tamén detallou que "xa se está traballando para que a Semana Santa de Ferrol e a de Braga, que é a máis importante de Portugal, poidan colabora para ter apoio e colaboración mutua", apuntou o representante que agrupa a localidades e cidades do norte de Portugal e Galicia.

EVENTOS

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol detallou a importancia que ten para este municipio o acoller entre os días 13 e 15 de maio "dous importantes eventos no campo cultural e turístico como son a VII Mostra Musical do Eixo Atlántico e a V edición da feira turística Expocidades".

En canto á proposta musical Mato detallou que "se trata dun evento que busca recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica e afección á música entre adolescentes tanto en Galicia como no norte de Portugal". Este ano participarán 39 solistas e oito agrupacións procedentes dunha vintena de municipios entre ambos os territorios.

"Chegarán a Ferrol estudantes de música de entre 13 e 18 anos e a nosa cidade estará representada por catro: dous estudantes de piano, un de tuba e outro de arpa", detallou o rexedor, dun certame que contará con 300 músicos e que se celebrará entre o Auditorio de Ferrol e no Conservatorio de Música Xan Viaño.

En canto a 'Expocidades', terá lugar na Praza de Armas, coa participación de 32 casetas, de 16 de localidades galegas e 11 portuguesas e o resto doutras cidades, nun acto que busca promover o turismo de proximidade entre as localidades e deputacións galegas e portuguesas que forman parte do Eixo Atlántico.

"En Ferrol aproveitaremos este excelente escaparate para promover especialmente os nosos recursos turísticos, como o Camiño Inglés ou o Ferrol Ilustrado, entre outros", concluíu Mato.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato | Fonte: Concello de Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta