Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2022 | Actualizada ás 14:26
A Policía Nacional detivo na Coruña a tres homes pola venda de sustancias estupefacientes no barrio do Castrillón, segundo informa a Xefatura Superior de Policía de Galicia. A investigación iniciouse grazas á colaboración das asociacións veciñais, que denunciaron a presenza de numerosos consumidores de drogas na zona.
As xestións policiais levaron á identificación do tres homes como os distribuidores das citadas sustancias no barrio, procedéndose, por iso, á súa detención. No desenvolvemento da operación policial interviñéronse diversas cantidades de heroína, cocaína e haxix. Ademais, achouse unha pistola e munición, un puño americano, unha báscula de precisión e diñeiro en efectivo.
A operación desenvolveuse por UDYCO, da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Coruña, coa colaboración do Grupo de Prevención e Reacción e a Unidade de Guías Caninos, da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.