A Xunta abre o plan para facer fixos a 8.000 interinos sen pasar por oposición

Unhas 2.600 son de sanidade, mentres que 1.300 corresponden a educación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2022 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde na súa reunión semanal á aprobación dos decretos de oferta de emprego público cos que prevé "estabilizar" un total de 10.022 prazas e dar así cumprimento "obrigado" á lei estatal impulsada para reducir a temporalidade na administración.

Rueda preside a reunión do Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Rueda preside a reunión do Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Así o trasladou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao termo da reunión semanal do seu Executivo, que se adiantou ao mércores debido a que este xoves, día no que se celebra habitualmente, é festivo en Santiago. Rueda estreouse na sesión de control da Cámara e, seguidamente, presidiu o Consello da Xunta.

Segundo explicou, do total de prazas que se estabilizarán, case 6.200 correspóndense coa Administración xeral galega; mentres que sanidade sumará case 2.600 e educación, preto de 1.300.

Ao redor de 8.300 adxudicaranse mediante concurso de méritos para reducir a temporalidade en prazas
desde, polo menos, o 1 de xaneiro de 2016; mentres que as restantes seguirán o método de concurso-oposición, co obxectivo e amortizar prazas temporais como mínimo desde xaneiro de 2018.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta