Por E.P. | | 02/06/2022 | Actualizada ás 13:52
CIG-Servizos iniciou este xoves na Coruña un novo calendario de mobilizacións para esixir unhas condicións laborais e económicas "xustas" para as traballadoras do Servizo de Atención no Fogar.
Con elas, busca que os concellos, nos que presentará mocións e preguntas nos plenos, esixan ás empresas concesionarias "a aplicar de inmediato o incremento salarial do 6,5%, que se corresponde co IPC de 2021".
A primeira das concentracións tivo lugar este xoves diante do Palacio Municipal de María Pita. No caso da Coruña, explica que as dúas empresas concesionarias do servizo "se negan a aplicar o aumento do 6,5%, segundo o establecido no convenio colectivo sectorial, que é de ámbito galego".
Segundo CIG-Servizos, en Galicia hai 250 empresas rexistradas de Servizo de Axuda no Fogar para as que traballan unhas 8.000 persoas, as 95% mulleres. Con todo, sinala que só catro compañías actualizaron os soldos ao IPC real. "O resto ou non pagou ou está a abonar a metade", explica o sindicato, que alerta tamén da "precariedade" neste sector.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.