O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable resolveu a actualización das peaxes das autoestradas de titularidade estatal baixo concesión administrativa para 2025.
  comenta   0
Tomás Pérez Vidal é, ademais, actual membro do Consello de Contas, organismo encargado de fiscalizar o acontecido no hospital vigués, e foi ata 2020 conselleiro delegado do Grupo Puentes e Calzadas, unha das empresas que conforman a UTE concesionaria (Sociedade Novo Hospital de Vigo). Reafírmase no seu informe e, sen empregar a palabra "sobrecusto", rebaixa a 165 millóns a diferenza polo modelo escollido
  comenta   0
O BNG asegura que non os apoiará por "incumprimento" de acordos subscritos polo PSOE. Os socialistas rexeitan que responda a "desacordos" e afirman que seguirán traballando na súa elaboración.
O profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña (UDC) Carlos Aymerich, coautor do estudo dos custes dun hipotético rescate da AP-9 encargado polo BNG, denuncia que nesas tarifas "quizáis teña algo que ver a dedicación profesional dos mesmos políticos que as fixan cando deixan a política activa".
  comenta   2
Reclama un incremento do 5 % para 2025, ademais de "unha cláusula de garantía salarial ligada ao IPC e blindada por lei", que debe ir ligada a acordos salariais anuais e plurianuais para evitar a conxelación salarial.
  comenta   0
Trátase das autovías do Salnés, O Barbanza, Ourense-Celanova e Santiago-Brión. Con todo, os usarios seguirán pagando por autovías de titularidade autonómica como as do Val Miñor ou Costa da Morte.
  comenta   0
O deputado Paulo Ríos denuncia unha "treboada perfecta" no transporte público e critica a falta de solucións para os problemas en autobuses e ferrocarril.
  comenta   0
O deputado do BNG Paulo Ríos lembrou que coa chegada do verán, moitas localidades galegas aumentan considerablemente a súa poboación, "polo que cobra aínda maior importancia un funcionamento correcto dos distintos servizos municipais".
  comenta   0
Denuncian que en Ambulancia Casablanca danse circunstancias como que "se cambian xornadas de mañá á tarde" e viceversa "sen previo aviso"; os traballadores teñen que "lavar os uniformes en casa"; as horas extra "non se abonan" e "presiónase" aos empregados que o reclaman.
Entre outros asuntos, no pleno debateuse a situación do servizo da concesionarias de limpeza na cidade, tras trasladar o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera, o "malestar xeneralizado" tras unha convocatoria de folga en Nadal, finalmente desconvocada.
O Goberno aproba a actualización das peaxes das autoestradas para 2024, a AP-9 subirá un 6,55%. O PPdeG di que a suba é "unha burla aos galegos".
  comenta   0
O Estado terá que analizar se limita a suba. Rueda anuncia a conxelación das tarifas das autoestradas autonómicas e pide ao Goberno central que asuma o custe do tramo Santiago-Lalín da AP-53.
  comenta   0
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, avanzou na necesidade de que Galicia dispoña de sete trens Avril, que permitan cumprir os tempos de viaxe entre Madrid e as catro cidades (Ourense, Santiago, Vigo e Pontevedra) que neste momento están en disposición de beneficiarse deste transporte, ademais das frecuencias apropiadas, que serían seis ao día.
  comenta   0
No transporte metropolitano da área da Coruña foron máis de 19.000 os usuarios que empregaron o autobús este venres, un 32 % por encima da media.
  comenta   0
Os rexedores avanzaron que solicitarán unha reunión de traballo co Goberno autonómico á que convidarán a asistir aos alcaldes e alcaldesas da comarca para demandar a activación do proxecto. Nesta liña, o alcalde de Barbadás sinalou que o transporte metropolitano é "algo imprescindible" para a cidadanía e manifestou que as ordenanzas están aprobadas "desde fai seis ou sete anos" e que a Xunta prometeu entón que "se ía a implementar nun mes", algo que "ao final quedou en auga de borrallas".
  comenta   0
A sala do Contencioso do Tribunal Supremo desestimou o recurso interposto pola concesionaria da autoestrada, rexeitando que o Goberno deba pagarlle unha indemnización mentres o resto de contratistas públicos sufriron as consecuencias da covid-19.
  comenta   0
O Xulgado do Social número 1 de Santiago estimou integramente a demanda interposta pola CIG contra Serviplustotal e Atlantic Ponte 2000, concesionarias da rede de centros socioculturais do Concello de Santiago.
  comenta   0
O Concello do Porriño saldou no último ano case a totalidade do pago pendente a provedores, que ascendía a 5,5 millóns de euros e na actualidade redúcese a algo máis de 985.000 euros.
Viaqua e Aqualia son as dúas grandes concesionarias dos servizos municipais da auga en Galicia e as dúas compiten polo mesmo espazo. Tal e as súa competición que mesmo chegan a xudicializar a xestión da auga. En xogo, millóns de euros en concesións.
  comenta   0
Rueda di que aínda está agardando polas explicacións da secretaria de Estado de Transportes tras a última chamada de hai unha semana. "Se non as dan a Xunta non quedará cos brazos cruzados", dixo.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción denuncia que esta mineira continúa vertendo residuos nos regos da zona, a pesar de numerosos procedementos sancionadores.
  comenta   0