Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2024 | Actualizada ás 13:30
Os principais grupos da oposición no Parlamento galego, o BNG e o PSdeG, mostraron este martes o seu receo sobre o rescate de catro autovías que pasarán a ser xestionados pola Xunta grazas a un desembolso de 297 millóns para finiquitar os contratos coas concesionarias que expiraban entre 2035 e 2040.
A preguntas dos medios nas comparecencias de prensa celebradas tras a xunta de portavoces deste martes no Parlamento galego, as deputadas do BNG Olalla Rodil e do PSdeG Elena Espinosa manifestaron as súas dúbidas sobre a operación do Goberno galego, anunciada o luns tras a súa reunión semanal.
Para a viceportavoz parlamentaria dos nacionalistas galegos, a Xunta "debería explicar" por que deciden rescatar "unhas" vías de alta capacidade e "outras non" como, por exemplo, a autoestrada de Carballo (AG-55) ou a do Val Miñor (AG-57), que son tamén de titularidade autonómica coa súa xestión en réxime concesional.
Pola súa banda, a viceportavoz socialista no Pazo do Hórreo considerou que, co seu movemento, o Executivo autonómico "segue beneficiándose ás empresas" en detrimento do interese xeral. "Seguen gañando as concesionarias e seguimos perdendo os galegos", apostilou Espinosa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.