Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2022 | Actualizada ás 13:24
O Diario Oficial de Galicia publica este venres a orde pola que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades habilita aos docentes de centros privados a impartir as materias da nova lei de educación, a Lomloe.
Segundo recolle a orde, a Lomloe, que modifica a anterior lei coñecida como a Lomce, configura unha nova organización e currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato que implica a desaparición ou cambio de denominación dalgunha das materias existentes no sistema educativo anterior e a aparición de novas materias.
Por tanto, sinala que para "evitar cargas administrativas innecesarias como a que suporía a formulación dunha nova solicitude de habilitación para as persoas que posúen unha formación de educación superior adecuada acreditada mediante a preceptiva resolución de habilitación que lles permite impartir o currículo das novas materias establecidas", procede a "habilitar de oficio a estas persoas" para impartir 27 materias incluídas nun anexo da orde que cambian de denominación.
Así mesmo, apunta que habilita de oficio tamén a todas as persoas que posúan unha resolución de habilitación de materias que manteñen no novo sistema a mesma denominación do anterior.
A publicación, asinada polo conselleiro Román Rodríguez, recolle tamén que as persoas que non posúan unha resolución que lles permita a habilitación de oficio nas novas materias ou naquelas que manteñen a mesma denominación poderán solicitala nos prazos de presentación de solicitudes establecidos no artigo 13 da Orde de 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.