Por E.P. | PONTEVEDRA | 06/06/2022 | Actualizada ás 10:11
Un home resultou ferido o concello pontevedrés de Nigrán despois de sufrir unha caída nunha zona rochosa, en Chandebrito, no miradoiro de Monte Alba na tarde deste pasado domingo.
Segundo informou o 112 Galicia, foi a súa muller quen, ás 19,45 horas deste domingo, chamou ao servizo de emerxencias para pedir axuda. Indicou que o seu marido se caeu nas rocas e que necesitaba axuda para sacalo do lugar onde se precipitou.
Tras iso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Porriño, dos membros do GES de Val Miñor, da Garda Civil e da Policía Local.
Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia de que, finalmente, rescataran á persoa dun lugar de difícil acceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.