Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2022 | Actualizada ás 14:19
O presidente do Instituto de Crédito Oficial (ICO), José Carlos García de Quevedo, asegurou que non prevé "grandes datos de morosidade" co vencemento dos créditos avalados por este organismo postos en marcha para facer fronte á pandemia.
En declaracións aos medios antes de participar nunha xornada organizada pola patronal galega en Santiago de Compostela, lembrou que os datos relativos á morosidade ofréceos o Banco de España e que o ICO colabora coas entidades financeiras no seguimento.
Dito isto, explicou que "hai un comportamento simétrico, converxente, entre as operacións avaladas e non avaladas". "A gran maioría das operacións xa se están pagando con normalidade a amortización dos intereses e o período de carencia que algunhas operacións aínda están, están a finalizar agora pero non se prevén grandes datos de morosidade en ningún caso", afirmou.
Ademais, preguntado polo funcionamento da liña de avais para mitigar o impacto da guerra de Ucraína nos autónomos e nas empresas, García de Quevedo destacou que o ICO xa puxo en funcionamento esta liña, aprobada hai "menos de 15 días".
"Os bancos están a formalizar o contrato marco e adaptando as súas estruturas para levalos a cabo e, ao longo do período que a Comisión Europea estableceu no marco temporal de axuda aos Estados da UE, prevé que sexa entre xuño e decembro deste ano o período de comercialización", apuntou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.