O Consello da Cultura lembra o programa en galego da emisora da BBC co gallo do seu 75 aniversario

O espazo mantívose en activo entre 1947 e 1956.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/06/2022 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega lembra este martes, a través dunhas xornadas, o programa radiofónico en galego que emitiu durante case unha década a BBC.

Unha das emisións da BBC internacional
Unha das emisións da BBC internacional | Fonte: BBC

Con gallo do 75 aniversario do inicio das emisións do Galician Progamme da BBC, o CCG bota a vista atrás para repasar este fito da cultura galega.¡

Impulsado polo produtor ourensán Alexandre M. Raimúndez durante o seu exilio, o programa mantívose en activo entre 1947 e 1956 e polos seus micrófonos pasaron Plácido Castro, Leuter González Salgado, Felipe Fernández Armesto, Xosé Ramón Fernández-Oxea "Ben Cho Sey" e Francisco Fernández del Riego, entre outros.

Tras case unha década en antena con emisións variables cada tres semanas dentro do Spanish Programme, puxo fin ás súas emisións en 1956 polas presións do goberno franquista.

A xornada que organiza o Consello da Cultura Galega está articulada en catro mesas, que abordarán a radiodifusión na época do Galician Programme, o papel das emisións exteriores da BBC e os seus programas en galego, eúscaro e catalán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta