A actual Xunta deu 1.100 millóns de pesetas aos medios en axudas a dedo

6.619.642 euros, máis de 1.100 millóns de pesetas. Esta é a exorbitante cantidade de cartos públicos que o bipartito da Xunta de Galicia repartiu entre os medios de comunicación a través de convenios. Galiciaconfidencial publica por vez primeira as cifras destas subvencións aos xornais, radios, axencias e diarios electrónicos galegos. A diferenza das axudas polo uso do galego, os convenios non se reparten en función duns criterios publicados no DOG. É dicir, son axudas directas que dependen unicamente do ‘criterio’ de cada consellería.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 03/10/2007 | Actualizada ás 02:21

Comparte esta noticia

Na maioría dos acordos (que cubren toda a etapa do bipartito), os medios comprométense a publicar informacións sobre as actividades das consellerías a cambio de cartos. Nalgúns casos específicase que se fará mediante publicidade, pero noutros cóbrase a cambio de publicar novas institucionais disfrazadas de información propia, algo difícil de distinguir para moitos lectores.

Grupos e xornais en papel

Segundo o Rexistro, o Grupo Voz é o principal beneficiado, levándose aproximadamente un de cada catro euros. E é que o Grupo Voz recibiu 1.714.520 euros (uns 285 millóns de pesetas) a través de 18 convenios. Divídense en 11 acordos co xornal, catro con Radio Voz, un con Canal Voz (a filial de internet), un coa Corporación Voz e outro coa Fundación Rey Fernández Latorre.

A continuación ‘clasifícase’ o Grupo El Progreso. Logra a segunda posición entre os máis subvencionados con 1.253.287 euros (208 millóns de pesetas), grazas aos 12 convenios do xornal El Progreso de Lugo (662.219,67 euros), Diario de Pontevedra (dez protocolos por 441.067 euros) e do único convenio que apañou o gratuíto en galego De Luns a Venres (150.000 euros).

Terceiro posto no reparto para Prensa Ibérica, dono de Faro de Vigo (922.029 euros en dez convenios) e de La Opinión da Coruña (192.989 euros en sete protocolos). É dicir, un conxunto de 1.115.018 euros (185 millóns de pesetas, cen menos que o Grupo Voz) en dezasete paquetes para o tamén chamado ‘Grupo Moll’.

A Editorial Compostela tamén sae ben parada. A matriz de El Correo Gallego, apañou a metade de cartos públicos que o Grupo Voz. Foron 12 acordos con El Correo Gallego (782.559 euros), catro con Galicia Hoxe (193.000 euros) e un con Radio Obradoiro (10.000 euros). Suman 17 convenios e 986.059 euros, máis de 164 millóns de pesetas.

Tampouco lle vai de todo mal a Editorial La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños. Coas catro cabeceiras suma 443.674 euros (case 74 millóns de pesetas) a través de nove convenios.

O grupo de xornais con menos axudas da Xunta o Grupo La Región. A cabeceira de Ourense apaña 292.466 euros, tres veces máis que Atlántico Diario (Rías Baixas Comunicación) con 85.000 euros en tres acordos. Suman en total 11 convenios e 377.466 euros, case 63 millóns de pesetas.

Pero é o periódico conservador ABC o que fecha o ‘ranking’ de subvencións aos diarios. A delegación galega da cabeceira madrileña quedouse con 94.042 euros -15,6 millóns de pesetas- en tres convenios. Tamén en papel, o semanario A Nosa Terra logrou este ano un convenio por valor de cincuenta mil euros, algo máis de 8 millóns de pesetas.

Emisoras de radio

As cadeas de radio tamén se benefician, pero gozan de menos axudas que a prensa escrita. Así sucede nos xa citados casos de Radio Voz (169.000 euros, uns 28 millóns de pesetas) e Radio Obradoiro (10.00 euros, algo máis de millón e medio de pesetas), cantidades moi inferiores aos seus ‘pais’ en papel, La Voz e El Correo.

Despois de Radio Voz, son o conxunto de emisoras que emiten programación da Cadena Ser as que máis suman. Son 118.000 euros, uns 19 millóns de pesetas en cadanseu convenio da Secretaría Xeral de Comunicación con Radio Coruña, Radio Lugo, Radio Pontevedra, Radio Ourense, Radio Principal e Radio Vigo.

Terceiro posto no ‘ranking’ de radios para a COPE, 95.000 euros, case 16 millóns de pesetas en dous protocolos. Cuarto lugar para Cadena Noroeste (36.000 euros en dúas partidas). Con un só convenio quedaron Onda Cero (25.00 euros), e Radio Líder (10.000 euros).

Axencias de información

As axencias, que subministran aos xornais gran parte dos seus contidos, tamén son destinatarios destas axudas directas dende San Caetano. Así, a Axencia Galega de Noticias, controlada polo Grupo El Progreso, apañou 153.794 euros (25 millóns de pesetas). Europa Press recibiu algo máis da metade desa cantidade, 98.783 euros (uns 16 millóns e medio de pesetas).

Diarios en internet

Os novos medios exclusivamente dixitais tamén recibiron un anaco do pastel, aínda que trátase dun cacho moito máis pequeno cos outros. Así o coruñés Xornal.com -editado por Xornal Galinet SA- asinou dous acordos polos que recibiu 33.000 euros, case 5,5 millóns de pesetas. O seu competidor compostelán Vieiros.com so firmou un convenio coa Secretaría Xeral de Comunicación. Foron 20.000 euros, uns 3,3 millóns de pesetas.

Non son as únicas axudas públicas

En definitiva, salvo contadas excepcións (entre elas, por exemplo, a edición galega de El País, Radio Galicia, Tempos Novos, Efe ou A Peneira), Galiciaconfidencial demostra que PSdG e BNG están a utilizar os departamentos da Xunta que controlan para subvencionar moi xenerosamente á práctica totalidade dos empresarios da comunicación do país.

Cómpre subliñar que estes convenios de colaboración non están regulados por uns criterios transparentes, como sucede co máis de millón de euros repartido en axudas polo uso do galego, convocatoria que si publica o Diario Oficial de Galicia.

Ademais é probábel que non todas as consellerías estean informando ao Rexistro de todos os convenios que firman, malia ser a súa obriga legal, polo que o montante final podería resultar aínda maior dos 1,6 millóns de euros. A esta cantidade hai que sumarlle as axudas polo galego, a numerosa publicidade institucional e os contratos con varias produtoras propiedade de xornais que fornecen de novas locais á TVG.

Consellería a consellería

Se ben é certo que subvencionar masivamente aos empresarios da comunicación xa era práctica común na era Fraga, a ninguén se lle escapa que o actual enorme volume de subvencións inflúe na autonomía que algunhas empresas confiren aos seus xornalistas para cumprir o seu traballo, informar obxectivamente aos cidadáns. Trátase, ademais, de empresas que en moitos casos ofrecen condicións laborais ínfimas aos seus traballadores.

Sexa como for, en vindeiras entregas Galiciaconfidencial detallará estes convenios, para analizar polo miúdo o reparto de cartos públicos, consellería a consellería, medio a medio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

33 sonsoles

He entrado varias veces en Galicia Confidencial aunque no me he decidido a escribir nada, quizás por eso de la primera vez por un lado y un poco también por la brutalidad oral con la que se expresa algún contertulio. Esta vez me he decidido porque tengo un par de horas hasta que parta mi transporte y, fundamentalmente, porque me apetece.
Las subvenciones pueden ser o no positivas, en el caso del periodismo podrían ayudar a que algunos medios no desaparezcan y posibilitar asi una información plural puesta a disposición de los ciudadanos para facilitar la correcta toma de decisiones, pero para que esto sea así las subvenciones no se darán porque si, porque se me ocurre hacer un convenio contigo por mas dinero que ayer y con aquel por menos dinero tambien porque si y, por medio de mis convenios (que no son públicos hago lo que quiero) porque eso crea un clientelismo informativo que produce el efecto contrario al deseado. POR LO TANTO LAS SUBVENCIONES QUE NO SON PUBLICADAS Y CONCEDIDAS EN BASE A CRITERIOS OBJETIVOS ESTABLECIDOS PREVIAMENTE SON TOTALMENTE ILÍCITAS. Hay que pensar que esta “compra” de voluntades se realiza con dinero público y no sirve decir que en otras etapas lo hacían los otros, eso es mezquino ¿Dónde está ese gobierno de izquierdas por el que ha apostado este pais?
Como soy una mileurista y con pocas perspectivas de cambiar esta situación, me apetece contar una situación simpática y a la vez indignante que es muestra de cómo se funciona en este mundillo y las arbitrariedades de los políticos.
Resulta que por una de estas casualidades de la vida sale a colación en una comida, que UN PERIODISTA ESTÁ PONIENDO DE VERANITO AL DIRECTOR DE TURISMO y amenazando por ahí con denunciarlo a el y a una empresa que lo ha contratado presionada por este director.
Este hombre ha sido contratado hace años como personal de confianza política (parece ser que por el padre de este director), en el cambio de gobierno continua como personal de confianza del nuevo consejero (este del bng), en ese tiempo ha continuado disfrutando de su sueldo variomileurista, viajando por el mundo (Japón, Francia, EEUU...)con gastos pagados y un buen día un sindicato denuncia en un folleto la intención del amigo director de enchufar al amigo periodista, curiosamente poco después deja de estar en nómina en la Xunta y lo contrata una empresa de comunicación, obviamente por indicaciones del director general, para seguir desempeñando un trabajo parecido (también con sueldo variomileurista y viajes múltiples), transcurrido un período de tiempo que desconozco pero inferior a un año el periodista empieza a contar parte de esta historia y obviamente con su versión no totalmente exacta a alguna gente de los medios y amenazando con ¿denunciar? porque ya lleva muchos años trabajando y merece un puesto fijo.
Algún amigo me ha dicho que quizás lo que se pretenda es enchufarse via magistratura como se ha hecho con algunas asistencias técnicas que ha habido en la Xunta, esta tesis no me convence dado que los puestos de confianza política no adquieren derechos laborales, pero todo es posible y hasta es posible que con la connivencia del amigo.
Supongamos que los mileuristas que trabajan de sol a sombra tienen derechos ¿no son los mismos que los de los demás?¿no tiene mas derecho otra persona al puesto que este señor que ha disfrutado de el sin mérito alguno?
Supongamos que los ciudadanos pagan impuestos ¿Quién es un Director para arreglar las vidas de sus amigos con dinero público cuando puede haber otra gente mas competente?¿Quien es un director para presionar a una empresa para que contrate a su amigo con unas buenas condiciones como si de un mafioso se tratase?No se como funciona este tipo de contratos pero me gustaría saber como le paga a la empresa en cuestión los servicios ¿con un convenio como los que se trata aquí?
Supongamos que somos curiosos, me consta que esto que escribo aquí es conocido por muchos periodistas gallegos ¿Hay alguno con libertad para investigar un poco mas y hacerlo público? Pues no, porque no se lo va a publicar su medio, porque hay convenios (Y eso que esto al fin y al cabo es una tontería porque el director general en cuestión está eso muy cuestionado por sus chapucitas).
Supongamos que esto algún día cambiará ¿Tenemos que esperar a que gobierne fuerza nueva? Porque si un gobierno que viene con el marchamo de limpio tontea con estas cosas nada mas incorporarse…
Todo esto es mucho suponer y por eso lo escribo yo, aquí, donde puedo hacerlo y perdonadme que en dos blog porque en el que le corresponde ya es de hace días y no lo leería nadie.

32 marta

Supoño que non me publicarán isto porque este foro é da Voz de Galicia, pero foi verdadeiramente vergonzoso como lle fixeron toda a campaña política a Losada (actual alcalde da Coruña), dende La Voz de Galicia. Non facían máis que poñer en portada tódalas cousas, supostamente boas que o alcaldable facía pola cidade. Era tan evidente que daba noxo, estaban vendidos ó facha de Paco Vázquez que lles debeu dicir que lle botaran unha man ó seu sucesor (que por certo perdeu a maioría absoluta). Nunca se publicaron os presuntos escándalos inmobiliarios de Vázquez neste xornal, mentres que La Opinión, si os denunciaba. Tamén publicaban moi grande e con foto incluida na última páxina un anuncio onde o fillo de Vázquez (otorrinolaringólogo pola Universidade de Navarra, si esa do Opus), anunciaba os seus servizos, é dicir era un xornal ó servizo de Paco Vázquez no local e da Xunta do PP no autonómico. E claro, por iso reciben subvencións, pero prensa libre? non, aínda é millor ler un tebeo.

31 galiza ceive!

oscar, en francia acaban de publicar unha enquisa pola cal o 78% da poboacion considera o pais en bancarrota total. Penso que non e o exemplo ideal.

30 Suso

Vives logo dos teus pais, criatura.

29 Oscar

Con dezanove anos non o creo. É máis, seguro que foi por culpa da Cidade da Cultura e da necesidade de manter ben engraxada a rede caciquil que non recibín beca a pesar da meu expediente. Porque resulta que recibe máis cartos a Cidade da Cultura que as tres universidades galegas xuntas.
Mentres tanto, unha emgia miña francesa cobra 900€ ao mes de beca (cifra inimaxinable aquí, moito maior que os ingresos de moitas familias galegas) e di que nin é das que máis cobra nin é pobre. Alí non deben ter nin "Fregas" nin "El-Rei".