O PP denega mocións do BNG sobre plans para reducir accidentes laborais e cultivar terras abandonadas

Durante esta tarde de pleno, o deputado nacionalista Daniel Pérez alertou de Galicia "lidera o ranking" de sinistralidade laboral en Galicia, de modo que as accións de prevención da Xunta "non teñen o impacto desexado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O PPdeG votou en contra de senllas mocións do BNG defendidas no pleno do Parlamento deste martes, ambas as apoiadas polo PSdeG. Por unha banda, o Bloque reclamaba elaborar de urxencia un plan especial para cultivar terras abandonadas, mentres que a segunda proposta pedía outro plan que busque reducir a sinistralidade laboral en Galicia.

O deputado do BNG Xosé Luís Rivas, Mini, chamou a "camiñar cara a unha moderna soberanía alimentaria" e avisou de que o actual contexto provoca que "se necesita estratexicamente pór en cultivo as terras abandonadas". Así mesmo, denunciou a perda de terreos agrarios polas plantacións "ilegais" de eucaliptos.

Entre outras cuestións, a petición demanda que se establezan primas por hectárea cultivada que compensen os custos de produción de alimentos. Respecto diso, censura que "non é certo" que a Xunta vaia beneficiar ás pequenas explotacións coa lei recuperación de terra agraria, xa que "están a propiciar reconverter o que queda de gandeiro en Galicia en macroexplotacións agroindustriais, xunto con eólicos e bioeconomías falsas".

Pola súa banda, Martín Seco (PSdeG) alertou de que a superficie da terra agraria en Galicia está no 20% cando en España alcanza o 40%. Ademais, denunciou que se realizan plantacións masivas de eucaliptos "ata en humidais".

En fronte, Elena Candia (PPdeG) acusou a Rivas de que "segue instaurado na década dos 70", xa que "erra no diagnóstico". Considera "un pouco perigoso" apoiar primas por hectáreas, o que pode ser "incompatible" coa Política Agraria Común por supor un "dobre financiamento".

A deputada popular acusa o Bloque de "criminalizar" a empresas e de estar en contra de que haxa explotacións grandes. "Se lle fixésemos caso a vostede, teriámoslle que preguntar ás vacas que temos que ter, como as temos que ter", afirma Candia.

SINISTRALIDADE LABORAL

Durante esta tarde de pleno, Daniel Pérez (BNG) alertou de Galicia "lidera o ranking" de sinistralidade laboral en Galicia, de modo que as accións de prevención da Xunta "non teñen o impacto desexado".

Avisa de que Galicia leva 33 mortos no catro primeiros meses de 2022 por sinistros laborais. E isto ocorre tras os case 240 falecidos en accidentes laborais entre 2018 e 2021. Por iso, deixa claro que é "imprescindible cambiar esa dinámica xa", de maneira que se presenta esta iniciativa que esixe un plan co que reducir a sinistralidade.

Carmen Rodríguez Dacosta (PSdeG) apunta que "ninguén debería ter que elixir entre traballo e saúde", mentres sinala que a sinistralidade se incrementou un 18% en Galicia no último ano. Pide que a Fiscalía aborde con "máis intensidade" os delitos de dano a traballadores.

En cambio, Noelia Pérez (PP) defendeu a negativa do seu grupo a esta proposta, posto que "o que están a pedir é moito menos do que está a facer o Goberno galego, quedan curtos pedindo", dille aos nacionalistas. Asegura que a Xunta leva a cabo unha planificación deseñada e acordada con axentes sociais, polo que o Bloque require unha política "menos ambiciosa" en materia de seguridade laboral, asevera.

O PP denega mocións do BNG de plans para reducir accidentes laborais e de cultivos en terras abandonadas
O PP denega mocións do BNG de plans para reducir accidentes laborais e de cultivos en terras abandonadas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta