Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2022 | Actualizada ás 20:16
O Parlamento de Galicia celebrará este xoves, 28 de xullo, unha reunión da deputación permanente --órgano de garda en períodos non hábiles-- para votar sobre a posibilidade dun pleno extraordinario no que compareza o conselleiro de Medio Rural, José González.
A solicitude formulouna o Grupo do BNG ante "a gravisima situación" na que se atopou Galicia derivada da vaga de incendios, que arrasou máis de 33.000 hectáreas nas últimas dúas semanas. Ademais, o BNG quere que acuda ao pleno o conselleiro de Medio Rural para dar explicacións sobre "as deficiencias" no servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais.
Na orde do día publicada polo Parlamento de Galicia para a deputación permamente, que terá lugar ás 12,00 horas, tamén figura a elección da persoa que ocupa a vicepresidencia deste órgano, que será Elena Candia, vicepresidenta da Mesa e que substituíu a Diego Calvo neste posto ao incorporarse o deputado coruñés ao Goberno de Alfonso Rueda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.