Á baixa os casos activos de covid-19, os novos contaxios e os hospitalizados

Hai dous novos falecementos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/08/2022 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 continúan á baixa en Galicia, con dez menos nas últimas horas (3.121). Os novos contaxios tamén baixan --223 na última xornada--, así como os ingresos de persoas contaxiadas, 329 (18 menos) segundo o último parte da Consellería de Sanidade.

Unha muller recibe unha vacina contra a Covid-19
Unha muller recibe unha vacina contra a Covid-19 | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Ademais, o departamento notifica este xoves dous falecementos correspondentes co martes 2 de agosto: unha muller de 92 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; e outra de 94 anos, na de Santiago e Barbanza. Ambas tiñan patoloxías previas.

Así, o número de persoas que faleceron con Covid-19 en Galicia sitúase cos últimos datos en 3.839. Por contra, desde o inicio da crise sanitaria curáronse do coronavirus 664.132 persoas, 231 nas últimas horas.

No que respecta aos casos activos, aumentan nas áreas da Coruña, con 680 infeccións (seis máis) e na de Lugo, 363 (sete máis). Na de Ferrol son 278 os casos activos e en Ourense continúan con 511.

Descenden, por contra, na área de Vigo, ata os 444 (12 menos); na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, na de Pontevedra-O Salnés, que computa 322 (seis menos) e na de Santiago, que rexistra un menos que na xornada anterior, 505 en total.

En canto aos contaxios, o cómputo oficial do Sergas é de 670.985 casos desde o inicio da pandemia. O último parte reflicte 223 novos casos: 52 na área da Coruña, 25 na de Ferrol, 36 na lucense, outros 37 na de Ourense, 13 na de Pontevedra-O Salnés, 32 na área de Santiago e O Barbanza, e 28 na de Vigo.

No entanto, cabe lembrar que co protocolo actual non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral, salvo á vulnerable.

Pola súa banda, os hospitalizados con covid en Galicia baixaron nas últimas horas a 329, 18 menos que na xornada anterior. De todos eles, 315 están ingresados en planta (16 menos) e 14 en UCI, dous menos.

Por áreas, nin na da Coruña, con 81 hospitalizados con Covid, 3 deles na UCI; nin na de Ferrol, con 23 ingresos e un paciente en críticos, notifican cambios; mentres que en Lugo os ingresos son 32 (un menos), cun paciente en críticos (-1); e en Ourense o número de hospitalizados sitúase en 53, un deles na UCI (seis menos).

Na área pontevedresa, o número de hospitalizados é de 47 (tres menos), dous deles na UCI; e na área de Santiago sitúase o total de ingresos en 49, cuns paciente coidados intensivos (un máis). Finalmente, hai 42 hospitalizados con covid na área de Vigo (sete menos), con 3 pacientes en UCI.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta