Os veciños apagan o incendio "crítico" de Moaña por falta de medios

Ameaza casas e cortou a Autovía do Morrazo.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 22/08/2022 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Un incendio declarado esta tarde de luns no municipio de Moaña ameaza casas na parroquia de Meira. A Consellería de Medio Rural informa de que o lume obrigou a cortar a autovía do Morrazo (CG 4.1) entre os quilómetros 5 e 6.

Ás 17,00 horas, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, explicou a Europa Press que se vivía unha situación crítica, "cos veciños apagando o lume desde terra" porque "aínda non chegaron os medios". Asegura que non houbo desaloxos porque os habitantes traballan na zona.

No entanto, a esa hora non se decretou a Situación 2, alerta por proximidade a vivendas, por parte da Xunta. Segundo informa a Consellería de Medio Rural a Europa Press, o lume de Moaña iniciouse ás 15,54 horas na parroquia de Meira. Indica que traballan tres avións, tres motobombas, seis brigadas e dous axentes.

A columna de fume que provocou este incendio é visible desde diferentes municipios a varios quilómetros á redonda na tarde deste luns.

Incendio forestal  / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Incendio forestal / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta