Por Galicia Confidencial | Allariz | 26/08/2022 | Actualizada ás 19:00
A IV Feira dos produtos apícolas contará con 12 postos que xunto cos apicultores locais formarán un gran escaparate que amosará toda a súa riqueza e diversidade no entorno da Praza do matadoiro (no exterior do mercado da reserva da Biosfera) en horario de 10:00 a 20:00 h.
O visitante poderá coñecer e mercar unha gran variedade de meles ademais dos diferentes produtos da colmea, como o pole ou o própole, e outros derivados do mel coma poden ser infusións, cervexas ou cosmética apícola. A intención da feira é afastarse da idea tradicional de mercado e amosar algo máis que os produtos da colmea.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Ás 13:00 h. desenvolverase unha actividade de degustación de produtos apícolas con produtos do Mercado da Reserva da Biosfera.
Ás 16:00.h. terá Lugar a presentación da delegación de AGA en Allariz.
Ás 17:00 h. farase a presentación do libro “Reprodución apícola” e Marcos Varela. Charla sobre a cria de Raiñas.
Ás 18:30 h. será a presentación da Delegación AGA mulleres de Galicia.
Ás 19:30 h. realizarase o sorteo de dúas cestas con produtos apícolas entre todas as persoas que participen mercando na feira.
A Asociación Galega de Apicultura e o Concello de Allariz organizan de forma conxunta esta feira coa intención de pór en valor este produto e todos os seus derivados. O longo do ano AGA e Concello colaboran tamén con iniciativas como o Día da Abella ou a través de cursos de formación para o sector.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.