Falece un condutor ao bater frontalmente cun camión en Curtis

Os servizos de emerxencia non puideron facer nada pola vida da persoa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2022 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

Un home faleceu este martes na localidade coruñesa de Curtis, ao chocar o turismo que conducía de maneira frontal contra un camión. Segundo a información do 112-Galicia, o suceso ocorreu ás 8,30 horas deste martes na estrada N-630, ao seu paso polo polígono de Teixeiro.

Ante a imposibilidade de quitar á vítima do turismo, foron mobilizados efectivos do GES de Curtis, para tratar de liberalo. Con todo, o persoal sanitario determinou que a vítima xa falecera, polo que non foi retirado ata que se presentaron as forzas da orde.

Ademais dos sanitarios e o GES, no operativo participaron efectivos de Protección Civil, Garda Civil de Tráfico e mantemento de estradas. Os Bombeiros continúan traballando para retirar os restos do accidente.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta