Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2022 | Actualizada ás 11:13
Os falecidos por Covid desde o inicio da pandemia ascenden en Galicia a 3.885 tras notificarse nas últimas horas tres novos falecidos. Mentres, o número de casos activos descende ata situarse en 1.499 (65 menos), con 108 novos contaxiados nas últimas horas, de acordo co último parte de Sanidade con datos ás 18,00 horas do luns.
Os falecidos corresponden a un home de 69 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza, o pasado 27 de agosto, e outros dous homes, cuxas mortes se rexistraron un día despois: un de 91 anos e outro de 82, ambos na área sanitaria da Coruña e Cee.
En canto ao número de casos activos, 301 corresponden á área da Coruña; 201 á de Lugo; 269 á de Ourense, 185 á de Pontevedra; 212 á de Vigo; 226 á de Santiago e 103 á de Ferrol. En canto aos casos abertos nas últimas horas, hai 12 na da Coruña; cinco na de Ferrol; once na de Lugo; 29 na de Ourense, 15 na de Pontevedra; 16 na de Santiago e 20 na de Vigo.
MENOS HOSPITALIZADOS
Do total de pacientes positivos, seis están en UCI e 121 en unidades de hospitalización co que o número total de ingresados é de 127, catro menos respecto ao parte facilitado na xornada anterior. Hai 1.372 en domicilio. Por áreas, a de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos e a de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, non teñen pacientes en UCI. En planta son nove e 19, respectivamente.
Na da Coruña e Cee, hai 42 ingresados, un en UCI e o resto en planta; na de Ferrol, son sete pacientes, seis en planta e un en UCI; e na de Pontevedra e O Salnés, 20, deles 19 en planta e un en unidade de coidados intensivos. Na de Santiago de Compostela e Barbanza, son 17, un en UCI, mentres que en Vigo, son 13, dúas en unidade de coidados intensivos.
Ata a data, en Galicia hai un total de 669.185 persoas curadas, meintras que os contaxiados ascende a 674.462. O número de PCR realizadas é de 3.971.023, mentres que as doses de vacina administradas é de 6.723.629.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.