Alfonso Rueda namorado do turismo termal de Galicia: é "seguro, natural, de espazos abertos e de calidade"

O presidente da Xunta de Galicia remarcou que a Comunidade conta con "todos os elementos necesarios para seguir sendo referente" no termalismo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2022 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou o papel "referente" de Galicia no turismo termal e de saúde. Fíxoo este venres en Madrid, onde asinou un Memorando entre o Goberno galego, a Organización Mundial de Turismo e a Asociación Europea de Cidades Históricas Termais.

"Galicia é o país do mil ríos, pero tamén o país das augas subterráneas que, cando afloran á superficie, dan moitísima riqueza e supoñen un impulso para o noso turismo", asegurou tras participar, tamén este venres, na presentación do Congreso de turismo termal e de saúde que se celebrará en Ourense o próximo 27 de setembro.

O titular da Administración autonómica remarcou que a Comunidade conta con "todos os elementos necesarios para seguir sendo referente", tanto a nivel de recursos --con 300 captacións de augas termais e sete do oito tipos de augas medicinais--; de liderado no sector --con 21 balnearios--; "de vontade --coa primeira lei que regula o aproveitamento lúdico das augas ou o impulso á Cátedra de Hidroloxía Médica da USC--"; e medidas, como o PlanTerritorial de Desenvolvemento Turístico en Destino 2023-2026, financiado con fondos Next Generation.

Para Rueda o termalismo é un "puntal" no modelo turístico "seguro, natural, de espazos abertos e de calidade" tras a pandemia, con capacidade para desestacionalizar o turismo, "diversificalo e estendelo polas comarcas interiores". Neste encontro tamén participou o presidente da Deputación de Ourense e máximo responsable da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA), Manuel Baltar; e Ión Vilcu, director de Membros Afiliados da OMT. Na reunión analizouse ademais o programa do congreso, centrado nos 'Destinos Termais Sustentables do Futuro'.

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, mantén unha reunión de traballo co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e o directivo da Organización Mundial do Turismo (OMT), Ión Vilcu.. XUNTA DE GALICIA
O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, mantén unha reunión de traballo co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e o directivo da Organización Mundial do Turismo (OMT), Ión Vilcu.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta