Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2022 | Actualizada ás 18:51
O Concello da Coruña incorporou novas máquinas para reforzar os traballos de limpeza na cidade. "Para facelo máis en profundidade en todos os barrios, especialmente naquelas zonas que máis o necesiten". Así o manifestou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a preguntas dos xornalistas tras as denuncias do grupo municipal do PP en referencia ás trasladadas por veciños.
Sobre a nova maquinaria, dixo que é "un contrato que entrou en vigor non fai demasiado e que ha ido incorporando nova maquinaria que vai facer que o resultado sexa visible, esperemos que en pouco tempo". En resposta ás críticas do PP, apuntou que se están cumprindo os termos do prego coa empresa concesionaria, pero insistiu en que se seguirá "reforzando" o servizo, "incorporando maquinaria".
Mentres, o PP cualificou de "reiteradas" as denuncias de veciños por "mala retirada de lixo, pouca limpeza de colectores ou falta de mantemento". "Cada coruñés paga ao ano 192 euros para limpar rúas, recoller e tratar lixo e manter zonas verdes, beirarrúas e mobiliario, pero a cidade está sucia", insiste.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.