Coremain pretende despedir máis do 20% do persoal, segundo a CIG

Afectará a persoal "alleo" ao proxecto de Vodafone, un de cada cinco traballadores segundo os seus datos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/10/2022 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A CIG informa de que a empresa Coremain de tecnoloxías da información propón o despedimento de máis do 20% do persoal nun expediente de regulación de emprego (ERE) que afectará a persoal "alleo" ao proxecto de Vodafone, un de cada cinco traballadores segundo os seus datos.

Coremain
Coremain | Fonte: Google Maps.

O pasado venres comezou o período de consultas, segundo apunta a central nacionalistas, sobre un expediente que está motivado pola perda do proxecto de Vodafone.

A compañía "finalmente realizou unha proposta que afecta 89 persoas", resalta, e "inclúe persoal alleo ao proxecto Vodafone, alegando causas organizativas".

Con todo, na información, indica a CIG, "fala dunha serie de datos económicos para xustificar a medida, pero sen achegar as contas da empresa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta