Documento.- As axudas da Xunta aos medios escritos só en galego

A Xunta de Galicia concedeu 1.270.000 euros aos medios escritos integramente en galego en 2006. Así se desprende de dous documentos oficiais aos que tivo acceso en exclusiva Galiciaconfidencial.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/11/2007 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia
Os beneficiarios da Resolución do 10 de xullo de 2006, convocada pola Secretaría Xeral de Comunicación, dependente do presidente acadaron os 650.000 euros e son os seguintes:

Galicia Hoxe.- 476.172 €

A Nosa Terra.- 61.823 €

A Peneira.- 28.939 €

O Sil.- 23.677 €

A Ría.- 15.785 €

Tempos Novos.- 15.785 €

Código Cero.- 14.469 €

Revista Biblos.- 7.892 €

Terceiro Tempo.- 7.892 €

Revista Grial.- 5.262 €

Por outra banda, na resolución de 27 de decembro de 2006 foron entregados 620.000 euros.

Galicia Hoxe, 425.500

A Nosa Terra, 58.750

A Peneira, 28.750

O Sil, 23.750

A Ría, 15.000

Código Cero, 15.000

Revista Biblos, 7.500

Naz-on, O Ollo Público e Grial (Galaxia), 5.000 euros, respectivamente

Anuario de Estudos Literarios, tamén de Galaxia, 1.250 euros

Estas cantidades proceden dunha convocatoria pública no DOG que é específica para as publicacións 100% na lingua da Comunidade. Polo tanto, no caso de varias das publicacións citadas, estas non son todas as axudas que reciben dende a Xunta.

Cómpre sumarlles -ademais da publicidade institucional- as axudas a dedo que se conceden mediante convenios directos. Tamén hai que ter en conta as subvencións ás empresas xornalísticas. Estas últimas, tamén publicadas no Galiciaconfidencial, tamén están vinculadas, en teoría, ao uso do galego mediante outra convocatoria anual no DOG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Sin Chan

ó Galicia Hoxe danlle poucos cartos, deberían darlle máis... non vos parece? Parece mentira que ese gran xornal, que se agota nos kioskos tódolos días ...ese Galicia Hoxe tan rigoroso ... deberían darlle máis ... máis ...

O que hai que ver... e nembergantes A Nosa Terra danlle migallas...

5 anónimo

PSOE=Espanhol...BNG=Espanhol...Novas da Galiza, avante!

4 Antisipaios

Estará bem que a senhora MarISOLINA que reparte os dinheiros de todos nós, deixara de discriminar a determinados jornais como o NOVAS DA GALIZA porque não gosta do galego reintegrado. Hai que ser sectaria e cacique.

3 falta um

E o Novas da Galiza?

2 Vicenzo

Pois gostaría coñecer a canto ascenden os custos de edición totais de Galicia Hoxe, a canto as subvencións indirectas vía publicidade institucional, a canto os ingresos por vendas...